Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone e Down Pontevedra lanzan iniciativa pioneira de inserción laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone e Down Pontevedra lanzan iniciativa pioneira de inserción laboral

Redacción
Publicado: 28/07/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xuntos_vodafone.jpgOs días pasados presentouse no Pazo de Mugartegui en Pontevedra unha iniciativa de networking directamente encamiñada a ceibar de obstáculos o camiño das persoas con síndrome de Down cara as empresas da nosa contorna. Trátase de Enreda2, un proxecto que vén da man de Xuntos (Down Pontevedra) e a Fundación Vodafone España e que inclúe entre as súas grandes liñas de traballo a de xuntar (precisamente) ás empresarias e aos empresarios da contorna con rapazas e rapaces no. Para materializar as súas propostas, Enreda2 abrangue encontros, xeiras de traballo compartido e faladoiros, amais da formulación de diversos xogos. A través desta iniciativa, o empresariado pode coñecer de primeira man as vantaxes de contar nas súa fileiras con mozos do devandito colectivo. Enreda2 insírese nun proxecto máis amplo, estatal, para loitar contra as fendas sociais e de empregabilidade a través das TIC.
Para presentar esta iniciativa estiveron presentes a deputada de Cohesión social e Xuventude, Digna Rosa Rivas Gómez; a técnica de Benestar Social e Deportes, Patricia González; o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Pontevedra, Severino Castromán; e o presidente de Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo. Todos eles coincidiron en subliñar a importancia das novas tecnoloxías como facilitadoras de inserción laboral e como vehículos para a xeración de oportunidades de emprego en colectivos en risco de exclusión. Neste senso, Patricia González lembrou que “Down Pontevedra aposta pola formación en novas tecnoloxías co fin de posibilitar que as persoas con diversidades de calquera índole desempeñen postos de traballo nos que hai anos estaban practicamente excluídos”.
Tamén salientaron que Enreda2 xorde directamente dunha proposta de alcance estatal, o proxecto de formación prelaboral Yo me me prep@ro, cuxo obxectivo é proporcionar a esta mocidade “as ferramentas e estratexias precisas en aspectos clave como o uso axeitado das TIC, ou sexa, programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles”. E todo, engaden dende Xuntos, “co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles condiciona enormemente á hora de atopar un posto de traballo, o que supón unha seria traba ás súas aspiracións de mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible”.
Na cita tamén se fixo saber que este ano están a recibir na provincia de Pontevedra a devandita formación prelaboral en novas tecnoloxías 8 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos, que “adquiren as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado ou empregada”.
Este alumnado de Pontevedra sumarase a outro en diversas provincias, alcanzando un total de 240 mozos e mozas que recibirán esta formación en toda España. En total, engadiuse, serán 10.500 horas docentes apoiadas en vídeo-titoriais sobre o uso avanzado da Internet, a xestión do correo electrónico ou o manexo redes sociais como LinkedIn, entre outras habilidades.
Este ano, o proxecto vai pola súa terceira edición. Desde a súa posta en marcha en 2014, e “malia complicadas condicións do mercado de traballo”, este programa conseguiu 222 contratos para mozos e mozas con síndrome de Down.
A realización deste proxecto enmárcase dentro do convenio marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?