Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Memoria Dixital integrará preto de 340.000 arquivos do Catastro do Marqués da Ensenada e El Pueblo Gallego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Memoria Dixital integrará preto de 340.000 arquivos do Catastro do Marqués da Ensenada e El Pueblo Gallego

Redacción
Publicado: 31/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logo_galiciana_para_nova_memoria_dixital-2.jpgOs días pasados foron días de impulso para a Memoria Dixital de Galicia, o proxecto posto en marcha polo Goberno galego en 2016 para crear, a través das TIC “un novo modelo de xestión e conservación do patrimonio cultural”, dando lugar a un portal-acubillo de coñecemento (Galiciana) no que están accesibles máis de 1,8 millóns de páxinas e 175.000 obxectivos dixitalizados. O impulso do que falamos veu dado pola incorporación de 338.000 imaxes e documentos procedentes do Catastro do Marqués de Ensenada, do Arquivo da Casa de Comercio e Banca Bengoechea e do xornal El Pueblo Gallego. Segundo explica AMTEGA, o proceso de dixitalización destes fondos terá lugar durante os vindeiros 6 meses e ao seu remate estarán dispoñibles para a súa consulta a través do portal Galiciana.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Secretaría Xeral de Cultura ocuparanse da dixitalización destes documentos, á que destinan un orzamento de 200.000 euros. A iniciativa enmárcase na creación da Memoria Dixital de Galicia, na que está a traballar a Administración autonómica para consolidar, como dixemos, “un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia”.
Dos 238.000 documentos que se dixitalizarán, uns 11.000 corresponden a 21 libros de entre 1820 e 1874 do Arquivo da Casa de Comercio e Banca Bengoechea, actualmente custodiados no Arquivo de Galicia.
Do Catastro do Marqués da Ensenada trataranse 189.000 imaxes e páxinas dos Libros Reais e de Persoal de Leigos e Esclesiásticos de entre 1752 e 1754. Segundo informa AMTEGA, os documentos conteñen información sobre as propiedades destes sectores sociais con croques de situación dos bens raíces e de cada un dos bens (rústicos, pecuarios, urbanos), así como a filiación de cada veciño cabeza de familia, co seu estado civil, idade, profesión, estamento e número de fillos.
As 139.000 imaxes restantes procederán do diario El Pueblo Gallego, grazas á dixitalización da colección completa deste periódico editado en Vigo entre os anos 1924 e 1979, e cuxos exemplares orixinais se atopan custodiados na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?