Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amigus formou a mozas e mozos en robótica, drones e impresión 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amigus formou a mozas e mozos en robótica, drones e impresión 3D

Redacción
Publicado: 31/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amiguslabs_031.jpgA Asociación Informática Amigus desenvolveu este sábado 29 unha nova edición dos Amigus Labs, un obradoiro de traballo compartido e experimentación arredor das tecnoloxías máis puxantes que, desta volta, tivo como fíos temáticos a arte e a creación dixital. Máis polo miúdo, abordáronse os aspectos teóricos e (sobre todo) as cuestións prácticas das impresoras 3D, a dixitalización en tres dimensións de obxectos e persoas, a realidade virtual, a robótica e a electrónica con Arduino e Raspberry Pi, o audio dixital, os drones e os videoxogos. Contouse coa colaboración co Grupo de Empresa, Nodo Dixital, Non Ping, Nauta, Xescourido e o Concello das Pontes. A cita foi no Lar de Endesa, nas Pontes.
amiguslabs_033.jpgSegundo nos contan os organizadores da xornada, unha ducia de participantes tivo oportunidade de crear a cifra nada desprezable de cinco scornabots, á que vez gozaron aprendendo nocións básicas de electrónica analóxica, sobre o manexo dos soldadores de estaño e sobre a programación con Arduino. Por certo que os aparellos scornabots creados no Amigus Labs terán máis vida alén da cita do 29, xa que viaxarán ata os Obradoiros de conciliación en inglés, organizados por You Can School of English e mailo Concello das Pontes, nos que serán parte activa dos obradoiros de robótica que se celebran durante o mes de agosto.
Volvendo ao encontro do sábado, sinalar que durante toda a xornada explicouse perante os asistentes o funcionamento dos proxectos que se están a realizar dentro de Amigus Labs, desde drones impresos en 3D e proxectos de realidade virtual ata paneis LED controlados por computador, impresoras 3D, así como as máquinas arcade. Amais dos contidos teóricos, tamén se fixo todo o posible por poñer aos participantes “mans á obra”. Así, tralo paso polos simuladores de radio control, puideron poñerse aos mandos dos drones, comezando a controlar as operacións de voo.
amiguslabs_036.jpgPolo que respecta á zona de audio dixital, tiveron ocasión de probar as posibilidades que o controlador de Ableton Push 2 permite á hora de producir proxectos de audio coa ferramenta Live. Ademais, configuráronse varias Rapsberry Pi co sistema operativo Kano, para que os máis pequenos puideran construír o seu propio computador, en palabras da organización, “unha máquina completamente funcional, por menos de 40€, ateigada de ferramentas como Scratch, Minecraft, navegador web, correo, suite office e unha chea de aplicacións para empezar a crear desde o primeiro momento”.
O encontro, segundo conclúen dende Amigus, “serviu para que maiores e pequenos gozáramos dunha xornada onde todos aprendemos co uso das ferramentas que as novas tecnoloxías poñen á nosa disposición, e onde todos quedamos con ganas de repetir a experiencia de novo moi pronto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?