Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medran un 10% os fogares galegos conectados á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medran un 10% os fogares galegos conectados á Rede

Redacción
Publicado: 31/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fogares_con_internet_contratado.jpgOs resultados do diagnóstico sobre A Sociedade da Información nos fogares galegos, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), reflicte que o 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte os 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea.
Así, a dispoñibilidade de banda larga é superior nos fogares que contan con nenos en idade escolar obrigatoria onde roza o 94%, máis de 15 puntos porcentuais por riba de media autonómica. O número de persoas que viven no fogar novamente afecta de maneira positiva á contratación de Internet, superando o 90% de fogares con Internet contratado cando residen 3 ou máis persoas. En canto ás velocidades, un 22,3% dispoñen de conexión de 30 Mbps ou máis.
Respecto ao hábitat, todos os núcleos de entre 10.000 e máis de 50.000 habitantes superan a media galega de fogares conectados con porcentaxes de entre o 79 e o 84%. Ademais, no último ano os núcleos máis pequenos experimentaron un crecemento significativo. As poboación de ata 5.000 habitantes pasaron dun 54,4% de fogares con banda larga a máis do 67%. No seguinte tramo de máis de 5.000 a 10.000 pasouse dun 65,3% a un 73,4%.
O uso de Internet continúa a incrementarse en todos os tipos de hábitat analizados, estando especialmente estendido nos concellos de máis de 50.000 habitantes, onde supera amplamente a media galega e acada unha porcentaxe do 81,9%. Nos concellos máis pequenos (menos de 5.000 habitantes) achégase a case o 60%.

Os galegos superan a media estatal e europea no uso da eAdministración

A porcentaxe de internautas galegos que interactuaron coas Administracións Públicas para obter información (66,7%) é superior á porcentaxe acadada a nivel estatal e europeo, concretamente, a media autonómica supera en 8,6 puntos porcentuais á media estatal e en 16,7 puntos porcentuais á europea.
En canto á descarga de formularios, a media galega incrementouse nun 6,2% durante o 2016, acadando o 59,9%. O 65,4% das persoas que utilizaron Internet nos últimos 12 meses, utilizárono para enviar formularios cumprimentados ás Administracións Públicas, situándose novamente por riba da media estatal e europea.
En relación ás compras a través da Rede, un 37,2% dos internautas galegos mercaron a través de Internet nos últimos tres meses. A adquisición de bens ou servizos en internet incrementouse nun 3,3% respecto aos datos do ano 2015.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?