Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros de Telecomunicación poderán formarse en Big Data e seguridade en setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros de Telecomunicación poderán formarse en Big Data e seguridade en setembro

Redacción
Publicado: 02/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

big_data-13.jpgA Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG-COETG) veñen de informar de que xa está aberto o prazo de matrícula para a participación en novos cursos en setembro, actividades a desenvolver en liña e da man de prestixiosos especialistas docentes. Trátase dun completo programa de obradoiros destinados a formar aos profesionais do sector (colexiados/asociados) nas cuestións TIC de meirande relevancia: información a gran escala e xeitos de sacarlle partido en múltiples ámbitos, ciberseguridade, informática xudicial, etc. Podemos consultar toda a información relativa aos talleres de setembro (e os que virán despois) na páxina de formación do COIT.
O primeiro dos obradoiros en celebrarse, á volta do verán, é o Curso On-Line de Hacking Ético e Técnicas de Hacking Avanzadas sobre Windows. Desenvólvese entre o 18 de setembro e o 12 de novembro e servirá, entre outras cousas, para introducirnos nas distintas técnicas que existen para realizar ataques aos diferentes sistemas informáticos, pasando por todas as fases dun test de intrusión.
O programa complétase co Curso On-Line de Big Data (a partir do 18 de setembro e centrado en achegarnos unha visión xeral e práctica das ferramentas de xestión de datos a gran escala, seleccionando como exemplos algunhas das máis referenciais co obxectivo de ilustrar os problemas, técnicas e métodos que se empregan neste eido) e co Curso On-Line de Adquisición, Análise e Presentación de Evidencias Dixitais (a partir do 25 de setembro e poñendo o foco en ilustrar aos alumnos sobre o traballo que se leva a cabo nos laboratorios de informática forense, empresas de seguridade ou departamentos de protección informática de bancos e outras entidades e firmas que manexen información delicada).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?