Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mariña luguesa terá un centro integral de turismo interactivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mariña luguesa terá un centro integral de turismo interactivo

Redacción
Publicado: 03/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20170803_consello_xunta_01.jpgO Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), a Secretaría Xeral da Presidencia e o Concello de Foz para a realización do proxecto A Mariña Virtual.
Ao abeiro deste acordo, a Administración autonómica achegará máis de 240.000 euros para a posta en marcha desta iniciativa, que incluirá un centro integral de turismo da Mariña luguesa, onde, a través dunha visualización tridimensional e interactiva, se presentará o territorio aos visitantes dunha maneira detallada e ordenada.
Este centro estará localizado no edificio do CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), no concello de Foz e permitirá achegar ao visitante todo o potencial deste territorio, interactuando con personaxes históricos, viaxando no tempo e na historia a través de tecnoloxías avanzadas de realidade aumentada, montaxes 3D, videogravación inmersiva e tamén a través de realidade virtual.
Este convenio enmárcase no traballo da Administración autonómica pola promoción turística dos recursos diferenciadores de Galicia, como o é a costa galega, así como por impulsar a innovación turística e as novas tecnoloxías e tamén por promover e coordinar o desenvolvemento rural en Galicia.
Todos estes aspectos están recollidos na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta transversal e participativa do turismo galego para os vindeiros catro anos que conta cun investimento de preto de 240 millóns de euros en catro anos, e que recolle de xeito transversal estes asuntos nas súas 11 liñas estratéxicas.
O proxecto permitirá coñecer dun modo diferente da man das novas tecnoloxías esta zona de Galicia, un xeodestino, o da Mariña luguesa, que abarca os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo Viveiro e Xove.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?