Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo investiu 3,6 millóns de euros en fomentar o emprego pola vía tecnolóxica e innovadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo investiu 3,6 millóns de euros en fomentar o emprego pola vía tecnolóxica e innovadora

Redacción
Publicado: 03/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A concelleira de Economía e Emprego Ana Prieto nunha rolda de prensa recente
A concelleira de Economía e Emprego Ana Prieto nunha rolda de prensa recente
O Concello de Lugo fixo reconto hoxe das súas medidas destinadas a fomentar o emprego a través da innovación e as novas tecnoloxías. A máis recente destas medidas é o obradoiro de emprego denominado TIC-Arqueolóxico, que conta cun orzamento de 224.000 euros e que ten como obxectivo a posta en valor e comunicación do patrimonio arqueolóxico de Lugo, ao mesmo tempo que se facilita a formación de 16 persoas desempregadas maiores de 18 anos. Ademais, o TIC-Arqueolóxico está encamiñado a impulsar a actividade no Vello Cárcere, centro que conta precisamente cun espazo dedicado á arqueoloxía.
Este obradoiro ten unha duración de nove meses e todo apunta a que arrincará a finais de setembro. Entre as diferentes especialidades formativas a impartir coas que conta atópase a dixitalización en 3D de bens móbeis e inmóbeis do patrimonio histórico e arqueolóxico do municipio, a elaboración de diversas programacións culturais para desenvolver no Vello Cárcere e a creación dunha canle cultural.
Amais desta actividade formativa e dinamizadora, o Concello de Lugo tamén ten abertas outras frontes a prol do emprego, constituíndo todas elas un programa de oito proxectos con 3,6 millóns de euros investidos no que vai de lexislatura (dous anos de Goberno). Segundo apuntou o Consistorio, o devandito orzamento significa que se investiron 529 euros por persoa desempregada. O programa acubilla (entre outras) iniciativas como o Inicia Coworking (pensado para dar asesoramento a 260 emprendedores), o obradoiro EmpregaTIC (que abriu oportunidades laborais a máis de 15 mozos e mozas en materia de novas Tecnoloxías da Información e Comunicación) ou o Plan Mellora Lugo, (destinado a fomentar a empregabilidade e a mellora de servizos municipais, achegando formación a 20 desempregados).
Estas achegas únense ao TIC-Arqueólico, o Lugo Cóidate (que ofrecerá formación e traballo no coidado e atención de persoas maiores, dependentes e nenos e nenas), e o Empregalia (encamiñado a proporcionar á mocidade de Lugo capacitación en sectores innovadores).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?