Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mediación Móbil, entre os elixidos para a segunda edición de Connecting for Good Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mediación Móbil, entre os elixidos para a segunda edición de Connecting for Good Galicia

Redacción
Publicado: 03/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_pontevedra_mediacion_mobil.jpgXa sabemos cales van ser os proxectos apoiados pola segunda edición da iniciativa-aceleradora Vodafone Connecting for Good Galicia, impulsada pola dita operadora de telecomunicacións e pola axencia AMTEGA co obxectivo de alentar a innovación social dende o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura (Santiago). Ou sexa, o desenvolvemento de tecnoloxías con vocación de botar unha man, facendo fincapé en mellorar a calidade de vida (a capacitación tecnolóxica, a empregabilidade, a independencia, o benestar) de colectivos en risco de exclusión. O xurado do programa decantouse por seis proxectos, entre os que se atopa un dos premiados na última edición dos INCUVI-Emprende, Mediación Móbil, unha iniciativa dirixida a ofrecer servizos de mediación a empresas, organizacións ou particulares a través dunha páxina web, unha aplicación móbil ou unha plataforma de elearning. Os restantes proxectos son Tapper, 3DAcoustic, It!, Formadox e Sense(x).
Segundo nos conta a Universidade de Vigo, Mediación Móbil vén da man dos estudantes Ángel Torres (estudante do grao en Dereito) e Ignacio Fernández (egresado do grao en Dirección e Xestión Pública). Ámbolos dous veñen traballando nos últimos meses no desenvolvemento do seu proxecto empresarial a prol da comunicación e o entendemento (no sentido da expresión máis abeirado á resolución de conflitos), tras proclamarse como unha das dúas iniciativas premiadas no campus pontevedrés na sexta convocatoria dos premios ao emprendemento que promove a UVigo.
Segundo comentan Torres e Fernández ao fío da importancia do apoio de Vodafone e AMTEGA, “a selección para participar en Connecting for Good Galicia vainos axudar a darlle un compoñente tecnolóxico á nosa empresa”, salientan da súa iniciativa, xermolada o pasado curso no Campus de Pontevedra (ao abeiro do Curso de Especialista en Mediación) coa idea de “achegar unha forma diferente de xustiza, como é a mediación” a ámbitos como o educativo, o familiar, o empresarial e o deportivo mediante o emprego das novas tecnoloxías.
Torres e Fernández tamén enxalzan a importancia formativa da súa participación conxunta na palestra de Vodafone e AMTEGA, un programa polo que tamén son galardoados cun patrocinio de 2.000 euros outorgado pola Axencia Galega de Innovación e no que os seis proxectos escollidos polo xurado optan a unha axuda de 25.000 euros, outorgada pola Xunta, así como a un premio de 10.000 euros, que a Fundación Vodafone entregará ao proxecto que mellor incorporase os principios da accesibilidade universal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?