Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña formará 15 profesionais en desenvolvemento de aplicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña formará 15 profesionais en desenvolvemento de aplicacións

Redacción
Publicado: 04/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mercadotecnia_marketing_dixital-2.jpgA Deputación da Coruña vén de achegar detalles sobre o seu programa de formación e prácticas para menores de 30 anos en concellos de menos de 50.000 habitantes, un programa que asenta unha parte importante do seu contido nas novas tecnoloxías da información. Este proxecto, chamado Estratexia de Inserción Xove (EIXO), ten como obxectivo principal incrementar a inserción laboral dos mozos e mozas da provincia, “aumentando a súa capacitación nos sectores con máis demanda de profesionais cualificados”.
EIXO ofrecerá nove itinerarios distintos que, ademais da formación profesional e prácticas específicas de cada sector, contarán con módulos transversais de sensibilización á igualdade, prevención de riscos laborais, tecnoloxías da información e da comunicación, redes sociais e inglés profesional. Isto acompañarase con dispositivos de orientación, formación e inserción. En termos concretos, cada participante contará con este tipo de asesoramento a longo de 100 horas como mínimo.
Dentro do proxecto, haberá dous itinerarios de formación e prácticas en actividades auxiliares de almacén, cun total de 30 prazas e 522 horas.
No eido da informática e as telecomunicacións, no itinerario de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web formaranse 15 profesionais, que realizarán un programa formativo de 845 horas, incluíndo 80 horas de prácticas profesionais en empresas.
Así mesmo, desenvolveranse outras dúas edicións dun itinerario de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, que contarán con 15 prazas en cada un e un total de 452 horas, 40 delas de prácticas profesionais. Igualmente, ofreceranse dúas edicións de formación para a obtención do carné e o certificado profesional para o transporte de mercancías por estrada. Neste caso, o número de horas será 320.
Doutra banda, haberá un itinerario de coordinación de servizos de socorrismo en instalacións e espazos naturais acuáticas, con prazas para 15 persoas e unha duración de 1.070 horas.
Por último, o proxecto EIXO contará tamén cun itinerario específico de 760 horas de prácticas profesionais en sectores emerxentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?