Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Revista Galega de Educación presenta na Coruña o seu monográfico sobre videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Revista Galega de Educación presenta na Coruña o seu monográfico sobre videoxogos

Redacción
Publicado: 07/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rge_img_4170.jpgNo marco da Feira do Libro da Coruña presentouse esta mañá o monográfico Aprendendo con Videoxogos da Revista Galega de Educación promovida pola Nova Escola Galega, publicación pedagóxica en lingua galega que cada catro meses diríxese aos educadores para achegar ferramentas e fomentar un clima e unha mentalidade pedagóxica propicia para acadar «un sistema educativo público, galego, renovado e democrático».
Esta última entrega da Revista Galega de Educación contou coa pedagoga e especialista en materiais didácticos dixitais Silvia López Gómez como coordinadora, e entre os artigos que compoñen este monográfico especial hai referentes actuais do sector do videoxogo e tamén experiencias relatadas polo profesorado que utiliza os videoxogos nas aulas, como ben detallou esta mañá na Coruña acompañada polo director da publicación, Jesús Rodríguez, quen salientou que a revista contribúe a desbotar numerosos mitos sobre os videoxogos que están moi asentados entre o público.
A revista comeza introducindo ao fenómeno dos videoxogos, para achegar un punto de vista histórico, dando conta dos seus efectos nas persoas segundo investigacións relacionadas e incluso analizando as súas oportunidades e desafíos na súa inclusión nas aulas e no fogar. Colaboran nesta sección Marcus Fernández (Código Cero), Xurxo Mariño (UDC), Silvia López Gómez (DIMElab), Carlos González Tardón (People & VIDEOGAMES) e Mª Esther del Moral Pérez (Universidade de Oviedo).
rge_img_4144.jpgTamén preséntanse proxectos de centro e experiencias de aula relacionadas coa análise e reflexión crítica sobre os videoxogos, así como coa creación de contidos e xogos dixitais por parte do alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato nas que se empregan ferramentas como Minecraft, e-adventura e Scratch. Achegan as súas experiencias María Begoña Codesal Patiño (CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo), María Loureiro González (IES Primeiro de Marzo de Baiona), Agapito Muñiz Llanos e Sonia Vivero Nogueiras (IES de Sabón en Arteixo) e Miguel Vázquez Freire (IES Eduardo Pondal de Santiago).
Ademais no monográfico inclúense achegas relacionadas con outros espazos diferentes ás aulas e aos fogares onde os videoxogos teñen cabida. Amósase a presenza dos videoxogos nas bibliotecas escolares e afóndase na importancia destes medios nos museos, ademais de presentarse un videoxogo xurdido dende o ámbito sanitario.
rge_img_4208.jpgCompletan o tema deste monográfico o apartado Para sabermos algo máis… no que Silvia López e Aitor Barbosa (Imagames) inclúen recursos de interese sobre xogos dixitais, e a entrevista realizada á Dra. Begoña Gros Salvat (Facultade de Educación da Universidade de Barcelona). Na sección A lingua Santiago García Sanz (Universidade de Vigo) reflexiona arredor do estado actual do galego nos videoxogos.
Jesús Rodríguez lembrou que este monográfico pode adquirirse en librarías de toda Galicia ou contactando por correo electrónico coa Nova Escola Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?