Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alpify consolídase como unha das aplicacións preferidas de viaxeiros e excursionistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alpify consolídase como unha das aplicacións preferidas de viaxeiros e excursionistas

Redacción
Publicado: 07/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alpify-702x336.jpgSe hai algunha época do ano especialmente axeitada para “camiñar” Galicia, esta época é o verán. Dispáranse os servizos para viaxeiros, dispárase o número de xente que se bota ao camiño e dispáranse as horas nas que poden estar ao aire libre sen ser vítimas das inclemencias do clima. Dun tempo a esta parte estanse a consolidar ferramentas que manteñen informados aos excursionistas dos principais puntos turísticos das contornas nas que se moven. De maneira paralela, dispárase o uso de ferramentas para a súa seguridade. Unha das máis empregadas é Alpify, aplicación destinada a facilitar a localización de persoas que se atopen en situacións de emerxencia. A ferramenta, para que non o saiba, está integrada dende 2015 no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, tanto para teléfonos Android como iOS.
A app Alpify salienta por botar man das novas tecnoloxías de localización e información para facer o máis efectiva posible a tarefa de busca dunha persoa que estea extraviada, entre outras funcións relacionadas co salvamento e coas emerxencias. En 2016, a comunidade galega de usuarios desta aplicación era de 24.821 persoas. Entre as accións recentes nas que tivo protagonismo atópase o achado dun motorista accidentado na Pobra do Caramiñal, nun vieiro de montaña da serra do Barbanza.
Respecto da súa operatividade, é de doado manexo e para empregala abonda que premamos o botón vermello de emerxencia para que o sistema unha alerta ao 112. A continuación, os traballadores do servizo reciben o aviso ao tempo que os datos sobre o emprazamento exacto dende o que foi subministrado aquel, “sexa en zonas urbanas ou de montaña”.
Alpify funciona coma unha radiobaliza e permite ao usuario estar emprazado xeograficamente en todo intre polo 112 ou polo servizo de emerxencia que estea conectado á aplicación, comentan dende Barcelona os creadores da app: os integrantes da firma Grup Basera. Alpify opera con cobertura a Internet, pero se non se dispoñemos dela é quen de enviar un sinal por SMS. Así, no caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envía unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?