Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo e ABANCA presentan novo cartón para o pago de transporte e servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo e ABANCA presentan novo cartón para o pago de transporte e servizos

Redacción
Publicado: 07/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_vigo_tarxeta_vigo_presentacion.jpgA semana pasada o Concello de Vigo deu un paso adiante no uso de novas tecnoloxías para facerlles a vida máis doada e cómoda aos cidadáns, no caso concreto do que imos informar aos cidadáns usuarios de transporte público. Estamos a falar do convenio asinado o venres con ABANCA e VITRASA para a implantación dun novo cartón que funciona sen contacto e que substituirá aos actuais para o transporte urbano. Ou sexa, que non é preciso que insiramos a tarxeta en lectores nin en caixeiros, abonda con achegala. A Tarxeta Vigo foi dada a coñecer polo alcalde Abel Caballero, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, e o director de VITRASA, Juan Carlos Villarino.
Segundo informaron, o servizo forma parte de varias liñas de traballo máis amplas. En primeiro lugar, a Tarxeta Vigo é un proxecto tecnolóxico para implantar na cidade un innovador sistema de pago e utilización de servizos públicos municipais. Funcionará no transporte público e, de maneira progresiva, irá engadindo as prestacións de acceso, uso e pago dos servizos municipais. Ademais, insírese na iniciativa Vigo cidade intelixente, que o Goberno local destina a fomentar o uso das novas tecnoloxías por parte da cidadanía. Nestes momentos, apuntou o rexedor, “o 65% das operacións que se realizan co Concello fanse por vía telemática”.
Segundo fixo saber o alcalde, entre as vantaxes do novo dispositivo intelixente figura “o alto grao de seguridade e a multifuncionalidade” que permitirá realizar operacións de moedeiro electrónico e pago, control de acceso e identificación persoal e corporativa, “cubrindo todas as facetas que precisa o ámbito comercial e institucional”.
Ao abeiro do proxecto ABANCA comprometeuse a poñer a disposición do mesmo a súa rede de máis de 50 caixeiros caixeiros na área de Vigo, dotados da tecnoloxía de comunicación sen contacto e, amais, achega 121.000 euros ao desenvolvemento do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?