Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destaca que VíaGalicia exemplifica o compromiso que existe en Galicia polo emprendemento innovador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destaca que VíaGalicia exemplifica o compromiso que existe en Galicia polo emprendemento innovador

Redacción
Publicado: 08/08/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20170808_viagalicia_01.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destacou esta mañá en Nigrán, durante a visita a cinco das iniciativas de VíaGalicia que están a traballar nos viveiros industriais de Porto do Molle, que esta aceleradora apoiada pola Xunta exemplifica o compromiso que existe na Comunidade por impulsar o emprendemento innovador e por contribuír, deste xeito, ao fortalecemento do tecido industrial e empresarial galego.
Sinalou que tanto a aposta polo emprendemento como pola innovación son dúas das claves para conseguir unha Galicia máis competitiva, favorecendo así a creación de emprego de calidade e a posta en marcha de novas solucións deseñadas desde a Comunidade para calquera lugar do mundo. Neste sentido, subliñou que Galicia quere consolidarse como unha terra de oportunidades e un ecosistema innovador.
A directora, que asistiu acompañada da delegada do Consorcio de Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puido coñecer de primeira man o traballo que están a realizar os emprendedores de Calabizo, Dika, Help Flash, Idawen e Resetea en sectores tan diferentes como a alimentación, o automóbil, a seguridade, o téxtil ou a reciclaxe.
20170808_viagalicia_02.jpgPatricia Argerey lembrou que ata o 29 de setembro os interesados en participar na quinta edición de VíaGalicia -unha iniciativa realizada pola Axencia Galega de Innovacion xunto co Igape e XesGalicia en colaboración co Consorcio Zona Franca de Vigo e Vigo Activo- poden presentar os seus proxectos para ser un dos 15 seleccionados que accederán á aceleración das súas iniciativas. O programa, que ofrece acompañamento na maduración, financiamento e posta en marcha dos proxectos, conta cun investimento de 2,65 millóns de euros.
VíaGalicia activouse en 2013 e, desde entón, investíronse preto de 6,4 millóns de euros e apoiáronse máis de 120 proxectos, dos que 54 xa son realidades empresariais. Unha das novidades desta edición é que aos 15 proxectos seleccionados se sumarán outros dous procedentes das fases de Academia das anteriores edicións.

Tal e como sinalou a directora de GAIN, VíaGalicia enmárcase no programa de aceleración de empresas innovadoras -un dos instrumentos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)-, xunto con aceleradoras como Agrobiotech, Galicia Open Future, Connecting for Good Galicia ou a Business Factory Auto. A través desta rede de aceleradoras, xa se levan impulsado máis de 500 proxectos nos últimos catro anos.

Proxectos

Durante a visita, Patricia Argerey mantivo reunións cos emprendedores para coñecer o avance dos seus traballos. Así, a iniciativa Calabizo adícase á elaboración de chourizos de cabaza, un produto 100% vexetal, con sabor e aspecto de chourizo tradicional. Pola súa parte, Dika permite aos talleres a limpeza automática do sistema de control de emisións contaminantes dos vehículos de xeito respectuoso co medio ambiente.
O proxecto Help Flash está centrado na mellora da seguridade viaria cun sistema de luz de emerxencia que facilita a sinalización dun vehículo de xeito máis rápido e seguro. Idawen é unha marca de moda deportiva que utiliza avanzada tecnoloxía e aposta pola funcionalidade dos seus deseños; mentres que Resetea crea e comercializa produtos sustentables obtidos a partir da reutilización e reciclaxe de residuos.
Patricia Argerey felicitou aos integrantes dos proxectos pola súa aposta polo emprendemento innovador e destacou que un dos principais obxectivos do Goberno galego é conseguir que as boas ideas se convertan en realidade e non se queden sen executar, poñendo ao seu alcance todos os recursos cos que conta a Administración para que consigan os seus obxectivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?