Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Moeche sobe ao carro da participación na súa nova web, moeche.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Moeche sobe ao carro da participación na súa nova web, moeche.gal

Redacción
Publicado: 08/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

moeche_gal.jpgO Concello de Moeche vén de estrear nova páxina web baixo o dominio moeche.gal. O sitio, un espazo remodelado e con novos servizos para as veciñas e veciños, susténtase sobre tres piares fundamentais: participación veciñal, transparencia e usabilidade. Ademais, o obxectivo do Goberno local é converter a páxina nunha canle referencial de información sobre todo tipo de accións do Concello ou do tecido asociativo local. Ademais, quérese impulsar como unha plataforma para o impulso do turismo e, polo tanto, para visualizar ante a comunidade internauta os atractivos do concello. Segundo informa o Concello, a páxina seguirá evolucionando en datas vindeiras “cara a unha maior información e participación”.
Respecto do proceso de modernización da súa páxina web, o Goberno local sinala que se concibiu dende a súa orixe como “unha necesidade no desenvolvemento actual da vida municipal”, tanto para fornecer de información á veciñanza sobre servizos e actividades municipais como para mostrar ao detalle a realidade asociativa do concello, como (tamén) para ser unha vía de participación e transparencia.
A nova web, desenvolvida por Gnomio portal web municipal, ofrece un amplo abano de contidos (feiras, servizos municipais, rutas, datos estatísticos, patrimonio, un completo apartado sobre o Castelo de Moeche, axenda, novas, andainas, boletíns, galerías de fotos, etc) e unha vertente de comunicación directa cos veciños a través da que se quere informalos de incidencias e avisos urxentes (cortes de auga, árbores caídas, cortes de estradas, etc). Esta vertente de comunicación directa cos teléfonos móbiles das persoas residentes, sinala o Concello, é o elemento fundamental do novo traballo web.
Segundo engade o Goberno local nun plano máis detallado, o novo sistema de información inclúe a comunicación directa coa alcaldía, a posta a disposición de audios e textos das sesións plenarias, o estado de execución dos investimentos principais, un espazo para consulta de todas as redes sociais relacionadas co Concello e a comunicación veciñal a través dun mecanismo que facilita trasladarlle incidencias á Administración local.
Polo que respecta ás asociacións, ofrécese un apartado para cada unha delas, no que contan cun espazo de seu para comunicar as súas actividades e información.
Ao tempo, partindo da importancia das informacións na actualidade, o sistema publica automaticamente na web municipal e nas redes sociais as novas municipais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?