Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentadas novas axudas para o espallamento dixital do noso comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentadas novas axudas para o espallamento dixital do noso comercio

Redacción
Publicado: 10/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

directora_xeral_sol_vazquez.jpgO Goberno galego presentou hoxe novas axudas para a posta a punto e o espallamento dixital do noso tecido comercial. Trátase, en total, dun orzamento de 2 millóns de euros para, en palabras da Xunta, impulsar máis de 130 proxectos no comercio de proximidade galego, “contribuíndo así á mellora da competitividade do sector”. As axudas foron dadas a coñecer pola directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal. O programa de pulo á innovación está destinado a pequenas e medianas empresas (PEME) que “veñan desenvolvendo a súa actividade comercial en Galicia durante os últimos dous anos”.
A iniciativa artéllase en varias vertentes. Primeiro, segundo informou en rolda de prensa a directora xeral, apoiaranse con ata 30.000 euros os proxectos de espallamento e medre comercial, para a apertura de novos establecementos. As iniciativas potencialmente beneficiarias poderán ter en marcha procesos de optimización do mesmo proxecto comercial (especialización ou diversificación de produtos, especialización de servizos ao cliente ou novas tendencias de consumo). As firmas subvencionadas deberán incluír un compromiso de contratación de polo menos un traballador. Estas iniciativas deberán, así mesmo, responder a unha idea comercial innovadora.
Por outra banda, concederanse axudas de ata 3.500 euros para proxectos piloto pop up, consistentes na apertura (por un prazo máximo de dous meses) dun novo establecemento nun concello distinto ao que o comerciante veña desenvolvendo a súa actividade para “testar un mercado ou un proxecto comercial innovador”.
Os comerciantes poderán acceder ademais a apoios de ata 1.080 euros para a súa expansión dixital, co obxectivo de acceder a asesoramento profesional e especializado para a implantación e seguimento “dun plan de comunicación dixital personalizado e axeitado ao target do comerciante, definindo unha estratexia comercial dixital de espallamento”, informou a directora xeral.
Sol Vázquez engadiu que o novo programa compleméntase coas axudas destinadas á modernización e mellora da imaxe do comercio galego (dotadas con 1,3 millóns de euros) que están nestes intres en fase de resolución, a través da cal apóiase tamén a novos emprendedores, e que conta con apoios para a reforma e acondicionamento de locais comerciais que permitirá tamén a comerciantes galegos acceder á xestión profesional das súas redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?