Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel e Mobileye desenvolverán unha frota de proba con 100 vehículos autónomos de nivel 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Intel e Mobileye desenvolverán unha frota de proba con 100 vehículos autónomos de nivel 4

Redacción
Publicado: 11/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amnon-shashua.jpgIntel vén de pór en marcha a integración da tecnoloxía de visión artificial e realidade aumentada de Mobileye (recentemente adquirida pola primeira compañía) para desenvolver unha frota de proba cun centenar de vehículos autónomos de nivel 4. Ou sexa, 100 coches conectados á nube que sumarán, en si mesmos, as capacidades de Intel e Mobileye. Nun plano máis concreto, asemellaranse aos seus dous “proxenitores” e incluirán, polo tanto, cousas de Mobileye (visión artificial, sensores, fusión, cartografía e directrices de condución) e cousas de Intel (plataformas informáticas abertas e unha longa experiencia en centros de datos e tecnoloxías de comunicación 5G). O obxectivo? Producir “un sistema completo do coche conectado á nube”.
Os coches resultantes serán probados en Estados Unidos, Israel e Europa. Os primeiros vehículos da frota, que chegará a contar con máis de 100 automóbiles, estarán dispoñibles a finais deste ano.
Segundo explica Amnon Shashua (vicepresidente sénior de Intel Corporation e futuro director executivo e responsable tecnolóxico de Mobileye), “producir coches e probalos nas condicións do mundo real proporciona información inmediata e acelera o desenvolvemento de tecnoloxías e solucións para vehículos completamente autónomos”.
Respecto da diversidade das contornas elixidas para realizar as probas (países de Europa, Estados Unidos, Israel), sinala que “a diversidade xeográfica resulta moi importante, posto que cada rexión ten o seu propio estilo de condución e as súas propias estradas, e o noso obxectivo é desenvolver tecnoloxía para vehículos autónomos que poida ser aplicada a calquera lugar”.
A frota de proba, engadiu, permitirá demostrar as capacidades avanzadas e o potencial competitivo da solución híbrida baseada en tecnoloxía de Mobileye e Intel perante os clientes nunha contorna real e tamén actuará como base para interactuar directamente cos reguladores. Ademais, servirá para presentar conceptos innovadores de mapeo e validación de seguridade orientados a facilitar a capacidade de adaptación e de evolución. “Queremos achandar o camiño para que os fabricantes de coches poidan producir vehículos autónomos canto antes, reducindo os custos”, explicou, engadindo que “os datos que solicitemos servirán para xerar importantes aforros de custos para os nosos clientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?