Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O FSE financiará 5 iniciativas galegas de emprego xuvenil dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O FSE financiará 5 iniciativas galegas de emprego xuvenil dixital

Redacción
Publicado: 17/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emprego_mozo_fse.jpgO Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da entidade pública Red.es, destinará 18,36 millóns de euros a axudas para impulsar a formación e o emprego xuvenil na economía dixital das que se beneficiarán 27 entidades que desenvolverán os seus proxectos integrais de emprego en 14 comunidades autónomas. En total, mobilizarase un orzamento de 24,1 millóns de euros en actuacións de formación e inserción laboral incluíndo a achega dos beneficiarios.
O programa Profesionais Dixitais Emprego Novo (cofinanciado polo Fondo Social Europeo con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil e enmarcado no Plan de inclusión dixital e empregabilidade da Axenda Dixital para España) diríxese a ofrecer a mozos desempregados do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil formación orientada á industria dixital e os novos modelos de negocio, e a facilitar o seu acceso a postos de traballo que impulsen a transformación dixital das empresas.
Subvencionaranse 32 proxectos integrais de emprego para realizar 74 actuacións de formación nas diferentes comunidades autónomas, das que 5 corresponderán a Galicia.

Axudas entre 100.000 e 2.000.000 de euros por beneficiario

As axudas están dirixidas a entidades (tanto empresas como asociacións ou fundacións) que desenvolvan proxectos integrais de emprego no ámbito das TIC e a Economía Dixital en polo menos dúas comunidades autónomas. Terán un importe mínimo de 100.000 euros por proxecto e máximo de dous millóns de euros por solicitante.
Subvencionaranse proxectos de formación cun mínimo de 150 horas que ademais inclúan un compromiso de contratación de polo menos seis meses, para un mínimo do 30% dos alumnos que conclúan os programas formativos. Estes postos estarán relacionados co sector TIC e a Economía Dixital (cun máximo do 5% como traballadores autónomos).
Para as actuacións de formación, as axudas cubrirán o 91,89% dos proxectos de asociacións e fundacións, e o 60% no caso das empresas (ata o 70% se son PEME). Na modalidade de contratación, concederase un 50% dos custos salariais por contrato, cun máximo de ata 3.000 euros por mozo en contratacións por conta allea e de 1.800 para os autónomos.
Os proxectos integrais de emprego iniciarán as súas actuacións durante o último trimestre de 2017 e finalizarán en outubro de 2018.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?