Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ReAcciona TIC facilita o acceso de máis de 70 PEME a servizos de dixitalización empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ReAcciona TIC facilita o acceso de máis de 70 PEME a servizos de dixitalización empresarial

Redacción
Publicado: 21/08/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

reaccionatic_convocatoria_aberta.jpgO Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da cuarta convocatoria das axudas para os servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas dentro do programa ReAcciona TIC, impulsado conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAME, e a AMTEGA. A través desta convocatoria un total de 71 PEME tiveron acceso a servizos de dixitalización empresarial.
A iniciativa está deseñada para impulsar a mellora da competitividade e a transformación dixital das empresas a través de diferentes servizos tecnolóxicos e de Industria 4.0. No eido da empresa dixital, o Programa ReAcciona TIC ofrece servizos de elaboración da diagnose para a aplicación de solucións dixitais na empresa, así como, servizos de soporte á implantación de solucións dixitais de mobilidade, de mellora da xestión empresarial ou de mercadotecnia dixital.
Con estes servizos tecnolóxicos, a Xunta busca contribuír a mellorar o futuro das empresas galegas mediante o achegamento de novas competencias e a incorporación de tecnoloxías que permitan ás empresas gozar de vantaxes competitivas, da man dunha rede de axentes colaboradores especializados, integrada por empresas especializadas, que as asesoran e acompañan en todo o proceso.
ReAcciona TIC ofrece tamén un catalogo de solucións para impulsar a Empresa 4.0 con servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución.
O catálogo completo de servizos ofrecidos no programa está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.
A posta en marcha deste programa enmárcase nun convenio de colaboración, asinado entre a AMTEGA e o IGAPE, co que a Xunta suma esforzos e recursos para impulsar a modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial de Galicia para desenvolver actuacións de impulso á empresa dixital e a industria 4.0.
Este acordo reforza a aposta da Xunta de Galicia pola incorporación efectiva e continua das solucións 4.0 e das TIC en xeral nos sectores produtivos da Comunidade. Esta actuación enmárcase no establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020, liderada pola AMTEGA, que fixa como obxectivo a Aceleración da Economía Dixital como un factor de relevancia para impulsar o crecemento económico na Comunidade.
Para apoiar a innovación e o desenvolvemento do sector TIC, a Xunta conta, ademais, coa a Axenda Galicia-Industria 4.0 e a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 que, cun balance satisfactorio nos seus primeiros anos de vixencia, buscan conseguir unha maior presenza das TIC nas empresas galegas.
Por outra banda, é preciso lembrar que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar unha nova convocatoria do programa ReAcciona, unha iniciativa pioneira do Goberno galego que nos últimos catro anos xa impulsou a competitividade de 850 empresas a través de 1400 proxectos de mellora.
A nova edición do programa, dotada con dous millóns de euros, permitirá desenvolver preto de 500 novos proxectos de mellora de xestión empresarial e a posta en marcha de plans estratéxicos de futuro nas empresas galegas ata 2018. A presentación de solicitudes está aberta ata o 15 de setembro. A continuación activaranse novas convocatorias en novembro e decembro deste ano e en febreiro e maio de 2018.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?