Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 235 empregados públicos acóllense ao teletraballo como medida de conciliación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

235 empregados públicos acóllense ao teletraballo como medida de conciliación

Redacción
Publicado: 24/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170824_natalia_prieto_02.jpgA directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, explicou hoxe en rolda de prensa que máis de 10.000 empregados do sector público autonómico están a utilizar a flexibilidade horaria e o teletraballo como medidas de conciliación familiar e laboral, logo de que estas iniciativas se puxeran en marcha en 2014. Prieto salientou a boa acollida destas medidas, que supoñen vantaxes tanto para a organización como para os traballadores. Ao tempo, melloran a organización e distribución do tempo de traballo, así como o coñecemento das necesidades dos distintos servizos.
Xa máis polo miúdo, detallou que a flexibilidade horaria pode motivarse ben por razóns de conciliación, ou de xeito automático. Naqueles casos derivados da necesidade de conciliación, a franxa de traballo permitida esténdese entre as 7:30 e as 18:30 horas de luns a venres (agás nos casos nos que sexa preciso establecer unha franxa de traballo obrigatoria). A flexibilidade autonómica mantén un horario fixo de presenza diaria de 9:00 a 14:30, mentres que a franxa flexible ata completar a xornada laboral é a restante, isto é, entre 7:30 e 9:00; e entre 14:30 e 18:30. Os horarios poden ser superiores ás 18:30 sempre que o centro permaneza aberto, e tendo como hora máxima as 20:00 horas. Ademais, os empregados con horario flexible poden compensar as posibles demoras no mes seguinte ao que se produza o incumprimento.
20170824_natalia_prieto_01.jpgAdemais da flexibilidade, os empregados e empregadas públicas poden desenvolver as súas tarefas fóra das dependencias da Administración autonómica mediante o emprego das TIC, sempre e cando cumpran unha serie de requisitos e que a natureza do seu posto o permita.
O número máximo de xornadas que poderán efectuarse nesta modalidade serán de 3 á semana e a súa concesión, salvo prórroga, non excedera o ano de duración.
Actualmente, un total de 235 persoas prestan servizos a través desta modalidade de traballo non presencial, a maioría deles (167) nos servizos centrais. Deste total, 121 corresponden a prórrogas, froito da boa experiencia e beneficios desta medida. Por xénero, as mulleres representan o 57,14% das persoas que están teletraballando, e os homes, o 42,86%.
Os postos autorizados para teletraballo por tipoloxía son fundamentalmente asesores xurídicos, corpos de inspección (farmacéutica, urbanística, de traballo, de saúde pública…), tradutores, informáticos, e outros postos que desenvolven funcións que poden ser desempeñadas cun grao alto de autonomía e a distancia. Por porcentaxe, os informáticos supoñen o 34% dos postos autorizados, seguido por corpos de inspección (20%), asesores xurídicos (15%) e tradutores (2%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?