Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A app para guiarnos nos centros de saúde xa foi obxecto de máis de 9.000 descargas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A app para guiarnos nos centros de saúde xa foi obxecto de máis de 9.000 descargas

Redacción
Publicado: 28/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sigue_mobil.jpgO Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de facer balance da resposta xerada na cidadanía pola súa aplicación destinada a guiar aos pacientes polos centros sanitarios, a ferramenta móbil SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificio), habilitada en xaneiro co obxectivo de incrementar a eficacia e mellorar a atención nestes centros (e, tamén, de acurtar ao máximo o tempo que empregamos en entrar neles e sermos atendidos). Segundo fai saber o SERGAS, a aplicación xa foi obxecto de 9.117 descargas, 5.386 a través Google Play e 3.731 da App Store de Apple.
“A aplicación”, explica o Servizo Galego de Saúdo, “permite ofrecer un servizo de localización no interior de edificios onde non existe cobertura de abondo dos sinais de satélite utilizado polo GPS”. Asemade, posibilita cousas como consultar as citas programadas no sistema público de saúde, tanto en hospitais como en centros de saúde, ofrecéndonos a opción de iniciarmos a navegación ata o centro no que teñamos programada a cita.
A maiores, a ferramenta incorpora servizos como a suxestión de rutas internas ata o punto público do hospital que elixamos; información sobre servizos non sanitarios do edificio (cafetería, prensa, etc.) e da súa contorna e máis a comunicación dunha posición dentro do centro a outros usuarios da app que figuren como contactos.
O SERGAS lembra tamén que “para o funcionamento desta aplicación móbil tense creado un sistema de cartografía de edificios para incorporar os mapas internos dos centros nos que funciona o sistema de guiado”. Polo de agora a ferramenta xa funciona no Hospital Lucus Augusti de Lugo, no Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Hospital de Verín ademais de en 22 centros de saúde e no edificio de servizos centrais da Consellería de Sanidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?