Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME incrementa os seus asesoramentos TIC nun 50%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME incrementa os seus asesoramentos TIC nun 50%

Redacción
Publicado: 28/08/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme_deputacion_pontevedra-2.jpgA rede SmartPEME, iniciativa da Deputación de Pontevedra para achegar a formación TIC aos emprendedores e autónomos da provincia, incrementou a súa actividade e o seu potencial de convocatoria en preto dun 50% ao longo dos últimos doce meses. Este medre, segundo sinalan fontes da entidade provincial, é aplicable tanto ao número de persoas que se formaron a través dos obradoiros da rede como á cifra de empresas e participantes ás que se lles realizaron asesoramentos. Todo isto tradúcese en 3.266 profesionais formados en novas habilitades TIC entre xullo de 2016 e xullo de 2017, o que representa un incremento do 45,5 % respecto ao ano anterior, a través dos obradoiros semanais.
Ademais, un total de 1.766 pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e persoas emprendedoras recibiron asesoramentos do equipo de profesionais de SmartPEME entre xaneiro e xullo de 2017, o que supón un incremento do 48 % respecto ao período anterior.
Segundo explica a Deputación, esta mellora ten en boa medida o seu punto de partida no “aumento do catálogo de servizos que lles presta o programa da Deputación de Pontevedra aos usuarios e usuarias”, o que se traduciu na incorporación recente de novas ferramentas como a posibilidade de realizar asesoramentos a través de videochamadas, “evitando desprazamentos e favorecendo que as persoas autónomas con horario comercial e coincidente co do asesoramento de SmartPEME poidan realizar as súas consultas”.
Por outra banda, a Deputación creou (ao abeiro do programa formativo) o servizo SmartPEME Conecta, que establece colaboracións coas principais asociacións do sector e que permite buscar provedores TIC a través “da creación de perfís cegos” para así “dar solucións ás necesidades ás que o programa non pode dar cobertura, con provedores locais de solvencia e xerando riqueza no sector da provincia”, explicou o goberno da entidade provincial, engadindo a importancia vindeira dun novo paquete de solucións TIC para persoas emprendedoras que estará axiña dispoñible a través da páxina web do programa. Segundo explica a Deputación, este guieiro presentarase adaptado a cada unha das fases do proxecto de emprendemento (inicio, en trámites de constitución e coa actividade comezada) e recollerá un conxunto de ferramentas escollidas especificamente para que “a implantación do seu uso sexa doada e rápida e cunha predominancia de programas libres e de uso gratuíto”.
A Deputación tamén lembra que SmartPEME ten realizado máis de 30 reunións de traballo cos axentes implicados: en primeiro lugar cos concellos, buscando que se convertan en protagonistas activos de cara ás empresas de cada unha das vilas da provincia e, en segundo lugar, co tecido asociativo sectorial e distintas entidades, dándolle voz ao tecido empresarial para chegar aos seus e ás súas asociadas e tamén pensando nas propias asociacións como usuarias potenciais.
Recordar que SmartPEME é un modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pequenas e medianas empresas e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das súas tarefas. “Este proxecto”, explica a institución que preside Carmela Silva, “abre novos eidos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”.
Para o seu desenvolvemento, os asesores e asesoras TIC das oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo póñense en marcha itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?