Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tramitación da documentación plenaria da Deputación de Pontevedra será dixital en outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tramitación da documentación plenaria da Deputación de Pontevedra será dixital en outubro

Redacción
Publicado: 29/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

administracion-electronica-2.jpgA Deputación de Pontevedra anunciou a semana pasada que a partir deste mes de outubro a tramitación dos expedientes plenarios será realizada de maneira cen por cen dixital. Este novo paso en materia de Administración Electrónica vai permitir, en materia da entidade que preside Carmela Silva, que a partir do devandito mes a Corporación provincial ao completo poida acceder á documentación do pleno da institución provincial a través da plataforma tecnolóxica da Deputación.
En base a isto, durante o mes de setembro, previamente á posta en marcha deste servizo e con vistas a tirarlle o máximo proveito, as deputadas e deputados recibirán unha sesión formativa sobre o acceso telemático á información xerada nos plenos. Asemade, o persoal dos distintos servizos da Deputación recibirá formación relativa ao envío dos datos dos plenos mediante a plataforma de xestión de expedientes.
Amais de todo isto, a entidade provincial tamén lembrou que está a fornecer do servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de Administración Electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes. O obxectivo, en palabras da Deputación, é permitir “que as localidades da provincia dean cumprimento á lexislación vixente relativa ao acceso electrónico da cidadanía ás actuacións públicas”, unha cuestión incluída no marco das competencias que a lei de réxime local lle ten concedido ás institucións provinciais. A Deputación de Pontevedra recordou os días pasados que destina 847.000 euros a este servizo, facilitando que os concellos que non contan con recursos de abondo poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica. Polo de agora, xa son 55 as administracións locais adheridas (e unha entidade menor). Segundo salienta a Deputación, a principal característica do servizo é que se trata dun modelo de servizo ofrecido na nube. A implantación xa comezou en 36 deles, dando formación a preto de 2.100 empregadas e empregados e 700 cargos públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?