Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Senseitrade, entre os finalistas dos premios Fintech European Awards
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Senseitrade, entre os finalistas dos premios Fintech European Awards

Redacción
Publicado: 29/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

David Conde e Juan Carlos Díaz, cofundadores de Senseitrade
David Conde e Juan Carlos Díaz, cofundadores de Senseitrade
Estes días a comunidade en liña está a elixir coas súas votacións os gañadores do certame Fintech European Awards. Entre os finalistas deste prestixioso concurso de innovación europea hai presenza galega. Máis polo miúdo a da firma Senseitrade, con sede na Tecnópole. O palmarés daranse a coñecer durante a conferencia internacional do sector programada en Bruxelas o 27 de setembro. A firma Senseitrade parte dos mellores precedentes: foi gañadora na edición 2015 da aceleradora ViaGalicia. O motivo? A súa tecnoloxía innovadora, un recurso que nos permite tomarlle o pulso ás redes sociais en materia bolsista.
Trátase, máis en detalle, dunha aplicación que nos axuda a tirar proveito da inxente información de valor que se publica nas redes sociais (o que se coñece como Big Data social) para tomarmos as mellores decisións en materia de investimento en bolsa. A app Senseitrade está dispoñible para iOS e para Android e foi desenvolvida co obxectivo de tirar proveito das comunidades 2.0, en especial Twitter, como emprazamentos de información onde se deciden boa parte dos camiños que vai seguir a bolsa
O xermolo desta iniciativa empresarial partiu dun estudo da Universidade de Múnic no que, tras avaliar polo miúdo máis de 250.000 chíos sobre bolsa, concluíuse que é posible predicir a súa evolución cun 87% de acerto. A partir da análise das redes sociais, Senseitrade ofrece unha serie de funcionalidades para que calquera persoa poida acceder ao investimento en bolsa sen ser un experto. A día de hoxe, conta xa con máis de oito millóns de usuarios en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?