Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Afundación retoma este 1 de setembro as súas actividades de dinamización dixital para maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Afundación retoma este 1 de setembro as súas actividades de dinamización dixital para maiores

Redacción
Publicado: 30/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

falame_da_emigracion_2.jpgLogo da pausa do verán, os Espazos +60 de Afundación (ABANCA) abrirán de novo as súas portas o vindeiro 1 de setembro, con novas propostas de formación e divulgación que teñen como finalidade xerar novas canles de intercomunicación entre diferentes xeracións, fomentar o voluntariado (no plano físico e no dixital) e, tamén, pór en valor o papel dos maiores de idade na nosa sociedade. O programa, por temáticas, estará centrado en diferentes xeitos de favorecer os hábitos saudables, incluído un achegamento directo ás novas tecnoloxías da información.
En palabras de Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación, seguir hábitos saudables na terceira idade “permite incrementar a satisfacción, o benestar, a calidade de vida e, indirectamente, contribúe a unha diminución dos problemas de saúde física e psicolóxica”.
Lembrar que Afundación dispón dunha rede propia de 11 espazos, situados nas sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Betanzos, Monforte, Pontedeume e Viveiro).
Os centros, que contan na actualidade con máis de 12.000 persoas socias, foron concibidos como “espazos destinados a conseguir que a etapa vital que iniciamos coa xubilación siga ofrecéndonos oportunidades de medrar persoalmente e estarmos conectados cos temas emerxentes”. Con esta finalidade, cada ano proponse “unha ampla e innovadora programación”, incluído o deste curso que está a piques de comezar.
A proposta de programación nos Espazos +60 estrutúrase en seis programas:
• O valor da experiencia, co que se propician oportunidades para que as persoas socias poidan compartir a súa experiencia profesional e de vida a través de accións de voluntariado. Nesta liña enmárcase a iniciativa Fálame dá emigración na que participaron no curso pasado 71 voluntarios e voluntarias, 18 IES e 825 mozas e mozos. A programación inclúe tamén conferencias e obradoiros, actuacións musicais e teatrais ou clubs de lectura impartidos todos por persoas socias.
• Formación e coñecemento, con actividades que favorecen a aprendizaxe de idiomas, o coñecemento do patrimonio, as humanidades ou a formación en novos temas e fenómenos sociais emerxentes.
• Cultura dixital, mediante unha formación centrada no uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), desde a perspectiva da revolución tecnolóxica actual e o alcance da Internet.
• Hábitos saudables, con actividades físicas pero tamén de desenvolvemento cognitivo, benestar psicolóxico ou nutrición, entre outras.
• Expresión artística, a través dun achegamento á música, debuxo, teatro ou artesanía, entre outros.
• Lecer activo, coa programación de viaxes nacionais e internacionais e visitas culturais a museos, rutas históricas etc.
Segundo lembra Afundación, a partir do venres 1 de setembro, as persoas interesadas en facerse socias poden dirixirse aos Espazos +60 das súas cidades para informarse e/ou facer a súa reserva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?