Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocadas cinco licitacións públicas para desenvolver tecnoloxías baseadas en UAV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocadas cinco licitacións públicas para desenvolver tecnoloxías baseadas en UAV

Redacción
Publicado: 31/08/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

civil_uav_initiative-2.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) está a informar ao detalle das novas oportunidades de compra pública innovadora a nivel europeo que se nos abren en materia de UAV, drones e tecnoloxías análogas e complementarias. Segundo lembra GAIN, o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou hoxe as cinco primeiras licitacións para a compra de solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no uso de Vehículos Aéreos non Tripulados (UAV polas súas siglas en inglés) para mellorar a prestación de determinados servizos públicos. O importe total das contratacións ascende a 7.250.000 euros. Poderán presentarse entidades ou consorcios ata o vindeiro 27 de setembro. Os pregos están dispoñibles xa nas webs de GAIN e da Civil UAVs Initiative.
Ademais, a axencia lembra que se vai celebrar unha xornada a mediados de setembro para explicar os pregos e facilitar a colaboración entre as entidades interesadas en participar. Estas contratacións enmárcanse no contexto do Polo Tecnolóxico e Industrial de avións non tripulados de Rozas e están financiadas con cargo a un convenio de colaboración co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, co-financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). “O seu contido”, informa GAIN, “é resultado dun proceso de consultas ao mercado que durou máis dun ano e no que interviñeron máis de 200 entidades (entre empresas, centros tecnolóxicos, centros de investigación e as consellerías da Xunta de Galicia)”.
En concreto, as solucións que se licitan son: un xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAV; a adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados; o seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados; o reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados e a automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?