Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Yáñez e Juan Lesta amosan en Sadurniño os segredos dos memes e dos móbiles como ferramentas audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Yáñez e Juan Lesta amosan en Sadurniño os segredos dos memes e dos móbiles como ferramentas audiovisuais

Redacción
Publicado: 31/08/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maria-yanez-juan-lesta-chanfaina-lab.jpgO Concello de San Sadurniño segue adiante coas súas xeiras divulgativas de traballo arredor dos novos xeitos de crear audiovisual e facer coñecemento. Materializadas nas Chanfaina Labs, estas xeiras chegan esta fin de semana á súa cuarta edición, abranguendo dous obradoiros e dúas charlas na Casa da Xuventude. Os dous obradoiros desenvolveranse o venres, o primeiro deles a partir das 10.00 e contando coa presenza da xornalista transmedia e investigadora en múltiples eidos dixitais María Yáñez, quen exporá (entre outras cousas) as metolodoxías a seguir para facer un meme que deixe pegada nas redes (ou sexa, un concepto ou contido multimedia, principalmente humorístico, que teña a capacidade de estenderse en Internet e nas ferramentas de comunicación dixital).
Pola tarde, a partir das 16.30 horas, o realizador Juan Lesta mostrará como montar un vídeo usando unicamente unha tableta ou un móbil. Para inscribirnos nalgunha das prazas dispoñibles para estas actividades teremos que chamar ao 616 332 919 ou enviar un correo á conta agustin.perez@sansadurnino.gal.
Segundo nos lembra o Concello de San Sadurniño, María Yáñez é a responsable do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (o LAIC) impulsado recentemente pola Concellaría de Culturas da Coruña. Antes diso foi guionista para distintos programas da TVG, directora durante unha etapa do xornal dixital Vieiros, co-fundadora da empresa A Navalla Suíza, co-impulsora, entre outros proxectos, da desaparecida Flocos.tv e da web Fálame de San Sadurniño. Na súa intervención nos Chanfaina Labs, titulada Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados, poderemos coñecer a fondo a orixe e a gramática destes contidos virais e aprenderemos tamén algunhas bases prácticas para producir as nosas propias pezas e crear memes que poidan funcionar a nivel local.
Na sesión da tarde, o realizador Juan Lesta ofrecerá un curso acelerado de edición de vídeo usando dispositivos móbiles. Segundo informa o Concello, a idea é prepararnos para tirar o máximo proveito do potencial creativo destes trebellos: “Cámaras de alta definición, procesadores ultrarrápidos, pantallas hiperluminosas e cristalinas, e centos de aplicacións converten o móbil non só nun fantástico elemento de captura de imaxe, senón tamén nun estudio de edición e posprodución co que elaborar vídeos de calidade fantástica para publicalos de inmediato nas redes, para compartilos con familia e amizades ou para velos na casa”, explica a organización do obradoiro sobre as posibilidades que se abren co mesmo, lembrando tamén que para participarmos nel deberemos dispor dun móbil intelixente ou unha tableta compatible con Premiere Clip (ou sexa, cos sistemas operativos iOs 8.1 ou Android 4.4) e espazo e memoria de abondo para poder traballar con vídeo.
Juan Lesta, pola súa banda, é especialista en imaxe e en formación relacionada coa posprodución dixital. Participou canda Belén Montero no primeiro Chanfaina Lab, con quen (precisamente) fundou Esferobite, xermolo dunha manchea de documentais, videoclips e cursos como o de San Sadurniño desta fin de semana. Lesta-Montero impartiron recentemente o Noroeste Videocamp como acción que vencellou a música e o audiovisual no Festival Noroeste Estrella Galicia, no marco do programa Coruña Dixital.
O sábado a xornada estará centrada na gravación de pezas polo territorio e ás 20.00 horas realizarase o pase dunha escolma de curtametraxes portuguesas producidas en contextos rurais coma o de San Sadurniño. A proxección presentaraa o realizador luso Carlos Viana e a entrada é libre.
Por último, o domingo celebrarase unha clase maxistral ofrecida polo director galego Óliver Laxe ás 17.00h. na Casa da Cultura. Laxe (gañador do Gran Premio da Semana da Crítica en Cannes co filme Mimosas) achegará unha ollada á creación audiovisual do rural galego desde a súa andaina creativa como director independente e cun marcado compromiso social.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?