Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Daniel Cerqueiro introduce á veciñanza de Redondela na mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Daniel Cerqueiro introduce á veciñanza de Redondela na mercadotecnia dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

startupvila_redondela_programa.jpgDaniel Cerqueiro, xerente da empresa galega Abertal e un dos nosos principais expertos en mercadotecnia dixital, vai participar hoxe en Redondela nun obradoiro sobre as metodoloxías máis avanzadas (e útiles) para acadarmos a máxima repercusión en liña cunha campaña empresarial. O Obradoiro Marketing Dixital celebrarase no espazo Startupvila, na Casa da Cultura local, entre as 19 horas e as 21 horas. Lembrar que Dani Cerqueiro, amais de xerente de Abertal, ten impulsado na nosa terra proxectos tan salientables como Phottic, o proxecto de memoria dixital nacido de Abertal Networks (hoxe en día operando como start-up e centrando os seus esforzos en recuperar o noso pasado e a nosa identidade, a través de milleiros de fotografías, coa axuda da cidadanía, das asociacións e dos concellos).
No obradoiro, Cerqueiro mostrará aos presentes en que consiste unha estratexia dixital, botando luz sobre as cuestións máis relevantes que atinxen a unha PEME e complementando a súa explicación con exemplos concretos de éxito. A actividade rematará cunha análise das estratexias online dos proxectos daqueles participantes que así o desexen.
Esta xeira formativa dirixida á orientación de emprendedoras/es intégrase nas actividades que a Startupvila de Redondela está a desenvolver ao abeiro do seu período inicial de proba e maduración (datos en PDF). As vindeiras citas serán un encontro con David Pombar (director executivo de SetPay) o día 14 de setembro e un obradoiro (día 13 de outubro) que, baixo o epígrafe Coñece ao teu cliente, correrá a cargo de Paloma Barreiro, manager en SeedRocket. Lembrar que a iniciativa StartupVila de Redondela foi presentada o pasado 11 de agosto pola concelleira de Desenvolvemento Local, Carmen Amoedo e por Sonsoles Castiñeiras e Alexandre Bastos, da empresa OnTheBus, como un “xeito para dar resposta ao grande número de persoas de Redondela con inquedanzas emprendedoras”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?