Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As reservas en liña e os servizos mellorados impulsan as rutas fluviais da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As reservas en liña e os servizos mellorados impulsan as rutas fluviais da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra

Redacción
Publicado: 04/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_ruta_catamarans.jpgO Goberno da Deputación de Pontevedra vén de facer reconto da participación este tempada nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra organizadas pola entidade provincial, participación materializada en boa medida a través da páxina web reservas.rutasembalses.es e da conta de correo catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. Segundo fixo saber a Deputación, as boas cifras de 2016 (que rematou cun incremento de usuarios nun 15%) tiveron continuidade este ano. Desta maneira, no que vai de tempada (dende abril ata finais deste mes de agosto), rexistráronse case 40.700 viaxeiros, o que supón un 20% máis que no mesmo período do ano pasado. A institución que preside Darío Campos lembrou que, coas devanditas cifras, constátase un incremento de usuarios do 35% dende abril de 2016 e ata hoxe (e coa tempada aberta).
Boa parte da “culpa” destes medres no número de pasaxeiros tena a devandita páxina web para a reserva de prazas. Nela ofréceselles aos turistas (en galego e máis en castelán) recursos como as condicións xerais dos servizos, os datos pormenorizados de cada unha das rutas (Canón de Sil dende o embarcadoiro de Doade, no Mosteiro de Santa Cristina; Cabo do Mundo dende o embarcadoiro da vila de Belesar) e máis a posibilidade directa de mercar en liña os billetes de maneira anticipada.
Volvendo ao devandito balance, o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que “dende que estamos á fronte da área de turismo melloramos os servizos das rutas fluviais, conscientes das súas oportunidades económicas, co obxectivo de promover a Ribeira Sacra”. Isto, dixo, únese a unha optimización das propias embarcacións, a posta en marcha dunha oficina de atención turística ao público no embarcadoiro de Doade ou a renovación da devandita central de reservas, que funciona as 24 horas, ininterrompidamente.
Reservas
Como dixemos, os interesados en participar nalgunha das rutas fluviais poden formalizar a súa reserva a través desta central de reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información. Pódese facer dixitalmente na devandita páxina web; ou ben de luns a domingo de 9:00 a 19:00 horas no teléfono 982-26-01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. A Deputación lembra que na súa sede, no Pazo de San Marcos, os profesionais da entidade provincial tamén atenden persoalmente a todos os interesados.
O prezo por billete de cada ruta fluvial é de 9 euros. Hai tarifas reducidas de 5 euros para maiores de 65 anos, carné xove e nenos entre 4 e 12 anos. Os nenos de 0 a 3 anos viaxan totalmente de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?