Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a quinta edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada a quinta edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Redacción
Publicado: 04/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cem_centro_de_emprendemento_gaias.jpgFortalecer o chan que pisan as/os emprendedoras/es creativas/os. Este é un dos grandes obxectivos dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que veñen de chegar á quinta edición da man da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Segundo fan saber os impulsores do certame, trátate dun “concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industriais culturais galegas”. A iniciativa, que desta volta conta co respaldo do IGAPE, diríxese a impulsar proxectos dos seguintes eidos de acción (tres modalidades): aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet, propostas na área do deseño, creación artística e plástica e na área da xestión cultural.
O recoñecemento en cada unha das categorías será a incorporación de balde durante doce meses ao Centro de Emprendemento do Gaiás, onde os responsables das novas iniciativas de mercado contarán cun asesoramento personalizado e un premio en metálico de 2.000 euros para contribuír ao financiamento de cada proxecto (grazas á devandita colaboración do IGAPE).
Segundo explican os impusores do certame, nel teñen cabida deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e calquera outra persoa con vencellos no emprendemento cultural.
Esta quinta convocatoria está destinada a titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, titulados e diplomados de escolas de arte, licenciados e diplomados universitarios en humanidades e/ou calquera outra rama artística e calquera outra persoa licenciada ou diplomada con ligazóns emprendemento cultural e que desexen desenvolver a súa actividade na Cidade da Cultura.
Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Tanto as bases do concurso como a solicitude de inscrición están dispoñibles na páxina web da Cidade da Cultura e no portal da Xunta de Galicia.
Á hora de avaliar os proxectos terase en conta (por orde de importancia) a aplicación industrial ou comercial de resultados de investigación científica; o desenvolvemento dun novo método de produción ou de organización dos recursos produtivos; a creación de invencións ou deseños industriais innovadores; e a aplicación de innovacións en invencións ou deseños industriais, de embalaxe ou deseño gráfico de produtos tradicionais que “melloren dun xeito significativo a súa competitividade no mercado”.
Desde a posta en marcha en 2013 dos primeiros Emprende Gaiás-Sixto Seco, once empresas do ámbito cultural e dos contidos dixitais comezaron a desenvolver a súa actividade no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco homenaxean a figura do médico e intelectual galego Agustín Sixto Seco, quen participou (alén da súa actividade no ámbito da saúde) desde a década dos 70 en proxectos editoriais como Galaxia, en padroados como o de Rosalía de Castro e da Fundación Otero Pedrayo, así como en institucións como Penzol, Castelao, Camilo José Cela e o Museo do Pobo Galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?