Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Yáñez amosa nos Chanfaina Labs como tirar proveito da nosa retranca para facer memes de éxito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Yáñez amosa nos Chanfaina Labs como tirar proveito da nosa retranca para facer memes de éxito

Redacción
Publicado: 04/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_yanez_chanfaina_labs_san_sadurnino-2.jpgO Concello de San Sadurniño organizou esta fin de semana pasada a cuarta edición dos Chanfaina Labs, abranguendo dous obradoiros e dúas charlas sobre nova creación audiovisual e de contidos na Casa da Xuventude. Contouse (entre outras) coa presenza da xornalista transmedia e investigadora en múltiples eidos dixitais María Yáñez, quen mostrou as metolodoxías para facer un meme que deixe pegada nas redes (ou sexa, un concepto ou contido multimedia, principalmente humorístico, que teña a capacidade de estenderse en Internet e nas ferramentas de comunicación dixital). Tamén amosou como facer gifs de impacto virtual e, en definitiva, como dominar estes novos mecanismos de comunicación sen necesidade de botar man de conceptos. expresións e contidos que fiquen lonxe, máis ben todo o contrario. Na sesión, á que asistiron unha quincena de persoas, falouse moito moito da retranca galega e de como esta renóvase e perpetúase e espállase a través dos memes e dos gifs.
“No obradoiro falamos de folclore dixital, que non ten nada que ver con gaitas electrónicas nin nada diso, senón que vimos como a cultura de Internet se parece á cultura oral de toda a vida por como se transmite, a través de memes e de gifs animados, que van pasando de persoa a persoa sen que saibamos ben onde se producen pero que se fan virais. A xente recíbeos por distintos medios para logo traducilos e adaptalos á súa maneira”, explicou Yáñez.
A sesión, que tivo parte teórica e de práctica, contou coa presenza de chanfaneiras veteranas como Cruz Piñón, Carmen Bouza, Carmen Couce, Abel Vega, Bieito Beceiro ou Pablo Martínez, xunto con xente que se incorporou este ano ao encontro, como é o caso das responsables das Lolas de Cascarilla ou dúas das compoñentes da canle The Sungirls, que, segundo informa o Concello de San Sadurniño, levan trazas de se converter en auténticas influencers tras só un vídeo publicado en Youtube.
Amais de María Yáñez, pola cuarta edición dos Chanfainas Labs tamén pasaron o portugués Carlos Viana, para falar de cinema rural no país veciño; e Belén Montero e Juan Lesta para impartir un curso de edición de vídeo de catro horas, facendo fincapé no potencial dos móbiles como recursos de creación audiovisual.
Pola cita tamén pasou Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, que segundo informa Sermos Galicia adicou as xeiras formativas a facer gravacións. Asemade, participou o director galego Oliver Laxe, achegando á veciñanza ao cinema que se está a facer no rural (e que el mesmo está a facer no interior da nosa terra, tentando mostrar a realidade dos incendiarios que acaban cos nosos bosques e das persoas que loitan para evitalo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?