Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Minube.com e Turismo Rías Baixas lanzan concurso para promover os atractivos do noso litoral sur
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Minube.com e Turismo Rías Baixas lanzan concurso para promover os atractivos do noso litoral sur

Redacción
Publicado: 04/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

descubridor_de_rias_baixas.jpgHai moitos xeitos de facer turismo, para os que viaxan e para os que non, pero case todos eles apoian unha parte importante da súa metodoloxía nos recursos dixitais. De feito, aínda que non todos os internautas sexan viaxeiros, si que é certo que boa parte dos viaxeiros son xa internautas. Tendo en conta isto, Minube.com e a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, veñen de pór en marcha un certame para promover os atractivos do litoral da provincia e, sobre todo, facer que o mundo enteiro saiba que da costa pontevedresa sábese moito, pero que case é máis importante aínda o que non se sabe. O que está por desvelar. Disto trata precisamente Descubridores Rías Baixas.
No novo concurso, que se desenvolve a través da web e da aplicación de Minube.com, os participantes poñerán gañar viaxes á costa sur de Galicia. Nel poderá participar calquera persoa pendurando unha foto das Rías Baixas antes do 26 de setembro. Unha vez finalizado o prazo de presentación das imaxes participantes, un xurado composto por membros da páxina web e da institución provincial elixirán as dúas persoas gañadoras, que realizarán viaxes ás Rías Baixas durante tres meses para contar a súa experiencia e así promover os lugares descoñecidos da provincia pontevedresa.
O nome das persoas gañadoras darase a coñecer durante a primeira semana de outubro e a partir dese momento, ata finais de ano, terán tres meses para visitar as Rías Baixas. Segundo informa a Deputación, aínda que as escapadas serán organizadas libremente polos descubridores, a propia entidade provincial e Minube.com intervirán como asesores para propoñerlles visitas a lugares de “especial beleza” dentro das Rías Baixas.
Durante estas viaxes, os gañadores subirán a Minube.com posts, imaxes e vídeos para dar a coñecer os atractivos do litoral pontevedrés que decidiron visitar durante as súas escapadas. Ademais de na propia web, levaranse a cabo accións de promoción a través das súas contas nas redes sociais, que contan con máis de 280.000 seareiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?