Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: La Molinera achega 16 actividades TIC para este mes de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

La Molinera achega 16 actividades TIC para este mes de setembro

Redacción
Publicado: 05/09/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

molinera_ourense.jpgO Centro La Molinera de Ourense vai enfiar con listón ben alto o mes de setembro. Tanto no que se refire ao número e calado tecnolóxico das súas actividade formativas coma á variedade do público potencial ao que se dirixen. En total, serán 16 obradoiros e accións de divulgación e formación a desenvolver ao longo deste mes. A oferta abrangue un curso de iniciación á informática, tres talleres Maker (sobre reciclaxe de compoñentes electrónicos, sobre fabricación de impresoras 3D e sobre robótica elemental), catro xeiras para escolares, catro novas sesións de xoves inspiradores, outros tantos relatorios da Escola de Organización Industrial e, tamén, un encontro de redes sociais.
No que atinxe ao Espazo Maker, acolle como dixemos tres obradoiros sobre autocreatividade e sobre tecnoloxías abertas, colaborativas e democráticas. Por unha banda Introdución da economía circular dende a perspectiva da reciclaxe de compoñentes electrónicos, a desenvolver dende o 26 de setembro ata o 14 de novembro. Ao longo das sesións procederase á identificación de compoñentes de materiais electrónicos en desuso, recuperación, precaucións, técnicas, probas dos compoñentes recuperados, catalogación e reutilización en fabricación de robots, impresoras 3D e demais tecnoloxías da Industria 4.0. En segundo lugar, o Espazo Maker acollerá o obradoiro Taller de fabricación de impresora 3D, os mércores dende o 27 de setembro ata o 22 de novembro, xirando a actividade arredor dos recursos principais para fabricamos, calibrarmos e pór en funcionamento unha impresora 3D a partir de compoñentes autofabricados. Por último, o Espazo Maker tamén dará acubillo ao Taller de fabricación de robótica elemental e Internet das Cousas. Será os xoves dende o 21 de setembro ata o 9 de novembro. Aprenderásenos a dar forma a robots e aos diferentes elementos dos trebellos móbiles, mecánica, electrónica, comunicacións, ensamblado, axustes e programación.
Polo que se refire á Aula CeMIT, do 18 ao 27 de setembro celebrarase un Obradoiro de iniciación á informática, co obxectivo de facilitar ao público en xeral “a oportunidade de capacitarse e adquirir uns principios básicos de achegamento que faciliten compartir información, a interoperatividade, o deseño centrado no usuario e a colaboración en liña”.
No Espazo Kids, para nenas e nenos de 8 a 15 anos, haberá tres talleres. Primeiro, Creatividade aplicada ao emprendemento infantil e educación financeira, os martes do 19 de setembro ao 12 de decembro, centrándose o seu programa en introducir á rapazada no espírito emprendedor e no uso das moitas capacidades de cada quen para poñer unha idea innovadora en funcionamento. Segundo, Obradoiro Arquimakers III, Os mundos da auga a través de Minecraft, a desenvolver os mércores dende o 22 de setembro ata o 29 de novembro e orientado a facilitar que as nenas e nenos entendan os conceptos básicos da auga nos diferentes estados, na nosa contorna e empregando as “enormes posibilidades de Minecraft, creando cidades dixitais e resolvendo desafíos de maneira colaborativa”. E en terceiro lugar, o Obradoiro de programación orientada a videoxogos a través de Scratch. Levarase a cabo os xoves dende o 21 de setembro ao 30 de novembro, dirixíndose a fomentar as habilidades cognitivas, o pensamento crítico, a concentración e o coñecemento das novas tecnoloxías a través da popular ferramenta de programación Scratch.
No que respecta ao Taller Team Maker For Kids céntrase na Programación de aplicacións de robótica e youtubers. Será os venres de setembro a novembro, para que as nenas e os nenos se introduzan nas metodoloxías de traballo dun proxecto multidisciplinar, fomentando a creatividade arredor das tecnoloxías e desenvolvendo as súas habilidades de comunicación.
Amais de todo isto, ao abeiro do programa Xoves Inspiradores o centro municipal desenvolverá o Obradoiro do informática para superheroes ao alcance de simples mortais, os xoves pola tarde, con sesións tituladas O Produto es ti: De que viven Google e Facebook, Ábrete sésamo: como crear contrasinais pésimas, regulares e indestrutibles e Navegar como Snowden… apelidándose García.
Por outra banda, o programa da Escola de Organización Industrial achega catro relatorios, para todos os público, os mércores pola tardes:
· Customer Development II (6 de setembro)
· Contabilidadd para StartUps (13 de setembro)
· Pactos de socios e acordos parasociais 20 de setembro
· Como construír el equipo de una StartUp 27 de setembro
Finalmente o 13 de setembro celebrarase un meetup de 20:00 a 21:30 horas. Segundo lembran dende La Molinera, un meetup é unha plataforma de redes sociais que permite a quen a integran reunirse na vida real a grupos unidos por un interese común.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?