Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare Ventures xa impulsou catro firmas innovadoras no seu primeiro ano de vida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare Ventures xa impulsou catro firmas innovadoras no seu primeiro ano de vida

Redacción
Publicado: 05/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Luis Álvarez-Sestelo, director de Optare Ventures
Luis Álvarez-Sestelo, director de Optare Ventures
O fondo galego Optare Ventures, iniciativa a prol do emprendemento e o capital semente da consultora TIC Optare, vén de facer balance do seu primeiro ano de actividade. Entre os datos máis salientables do informe sobre os seus doce primeiro meses de anos figuran os seguintes: foi quen de impulsar catro participadas e mobilizou un investimento total de 200.000 euros. No balance tamén se fai saber que o fondo, dirixido polo galego Luis Álvarez-Sestelo, desenvolveu os seus dous investimentos máis recentes en Boardfy e máis en Wisestate IoT. De Boardfy, plataforma galega de seguimento de prezos en liña, falamos recentemente para facer fincapé na súa rolda de financiamento de 230.000 euros. Wisestate IoT, pola súa banda, é unha firma innovadora con sede en Londres e raizame e Barcelona, posta en marcha en 2016 e centrada en tirar partido da Internet das Cousas. Os outros dous investimentos de Optare Ventures son Sila Games e SetPay.
Segundo fixemos saber con motivo da súa posta en marcha, Optare Ventures ten a súa orixe na consultora galega Optare Solutions, radicada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e especializada en achegar recursos avanzados ao sector das telecomunicacións. Con Optare Ventures, o obxectivo foi achegar unha innovadora contribución ao emprendemento tecnolóxico, fornecendo as novas propostas de mercado de capital semente (sobre todo nos primeiros treitos do camiño dos proxectos seleccionados).
A primeira iniciativa pola que apostou Optare Ventures foi a firma galega SetPay (tecnoloxías avanzadas para facilitar o pagamento mediante tarxetas bancarias en mobilidade). Máis adiante foi a quenda de Sila Games. Trátase dunha startup de venda de videoxogos dixitais, fundada en 2013 polo galego Francisco Mosquera e Óscar Mas. O seu cometido é desenvolver e implantar no mercado dos videoxogos o modelo de tarifa plana, de xeito que os usuarios poderán dispoñer sen límites dun catálogo de xogos de primeiro nivel a cambio dun pagamento mensual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?