Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un curso avanzado para incorporarmos os drones ao noso agro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un curso avanzado para incorporarmos os drones ao noso agro

Redacción
Publicado: 06/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proyestegal_curso_drones.jpgA firma lucense Proyestegal está a organizar unha actividade formativa directamente encamiñada a informar e formar aos nosos profesionais do agro no emprego aplicado de vehículos aéreos non tripulados. O Curso de uso de drones en gandería e agricultura celebrase en diferentes localidades galegas durante os meses de setembro e outubro. Virá acompañado de accións demostrativas sobre o emprego destes aparellos no millo, nos viñedos, no control e produción de carne, nos cultivos de grelo e na protección e rendibilidade de áreas da Rede Natura.
Proyestegal sinala que os cursos (co-financiados pola Consellería de Medio Rural) teñen o obxectivo de aumentar a produtividade e eficiencia das explotacións. Segundo informa o Concello de Vedra, un dos municipios sumados á iniciativa, “co uso dos drones é posible facer un seguimento e control de cultivos, superficies, seguir o medre da planta, e así mellorar o manexo agronómico incidindo no uso eficiente de recursos como o solo, auga, optimizar rendementos e reducir o impacto da nosa actividade sobre o medio ambiente”.
Nas accións formativas propostas por Proyestegal tentarase demostrar como coa axuda dun único drone é posible facer seguimento de centos de hectáreas de maneira precisa, avaliando as condicións do terreo e co obxectivo de recoller información sobre elementos como o nivel de humidade, a temperatura ou o ritmo de crecemento dos cultivos. A empresa tamén recorda que entre as funcións máis importantes destes vehículos aéreos non tripulados e das tecnoloxías dixitais de comunicación que os acompañan atópase a de previr e evitar as pragas nos cultivos. Ademais, os aparellos de voo poden enviar fotos e vídeos en tempo real, serven de espantallos e manteñen afastadas as aves.
Para o Concello de Vedra, está claro que tamén poden contribuír en certa medida a introducir metodoloxías de traballo innovadoras, abrir nichos laborais e loitar contra o despoboamento do rural. “A incorporación de xente moza a agricultura é unha prioridade polo cal o uso drones pode facilitar a man de obra e pode ser unha vía máis de atraer xente nova ó campo, vinculando a actividade produtiva da agricultura cunha actividade máis rendible co uso de novas tecnoloxías”.
O curso inclúe 20 horas de contidos en catro xornadas de cinco horas. Está dirixido a agricultores e futuros agricultores de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?