Hai pouco máis dun mes dabamos conta de como Canalys Research situaba a Huawei na terceira posición en cota do mercado de smartphones, achegándose perigosamente a Apple en número de unidades vendidas (que non en facturación), e agora é Counterpoint a compañía que sitúa a Huawei xa na segunda posición mundial no mercado de smartphones atendendo ás vendas dos meses de xuño e xullo.
Dende Counterpoint consideran que estamos ante un fito para Huawei, que demostra así o seu impresionante crecemento global (xa que a súa posición en mercados como o chinés sempre foi boa), pero matizan que estamos ante unha situación que dificilmente durará, a que estamos a piques de ver a chegada de novos iPhone, o que sempre supón un incremento significativo das vendas de Apple, compañía que con certeza recuperará a segunda posición do mercado no que resta de ano.
Apple pode presumir de manter o liderado en vendas de dispositivos en concretos, de xeito que o iPhone 7 tería o 4% das vendas de smartphones a nivel mundial, seguido polo iPhone 7 Plus (2,9%), quedando as outras dúas posicións para Oppo (fabricante de grande peso en China), mentres que Samsung non entraría en escena ata a quinta posición pese a ser o fabricante coa maior cota de mercado (pero tamén cun catálogo máis amplo). De falamos de facturación os resultados tamén serían moi diferentes, xa que os terminais de Apple teñen prezos moi elevados, de xeito que a efectos de empresa segue a ser a marca líder a nivel mundial.
Huawei supera a Apple en número de smartphones vendidos
Compartir Este Artigo
