Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achéganos á metodoloxía DISC para o impulso do talento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achéganos á metodoloxía DISC para o impulso do talento

Redacción
Publicado: 06/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

disc_talento.jpgA consultora Vitae está a preparar, para A Coruña e Vigo, unha nova actividade formativa encamiñada a impulsar o noso talento e o das/os nosas/os compañeiras/os. Máis polo miúdo, trátase dun obradoiro para fomentar o desenvolvemento e a valoración do potencial humano da nosa empresa e, en última instancia, para rematar con éxito todo tipo de proxectos. A nova edición do Curso Certificación Experto en DISC e Analista Conductual DISC (Certificación Oficial INTERDISC) celébrase en Vigo (Centro Social Afundación ABANCA) os días 16 e 17 de outubro e na Coruña (Hotel Attica 21) os días 23 e 24 de outubro.
Servirá, como se indica no seu nome, para introducir aos nosos profesionais do sector TIC (e outros sectores lindeiros) na metodoloxía DICSC, un modelo de traballo que estuda catro factores anticipables do comportamento das persoas: como respondermos a desafíos e retos, como interrrelacionar cos demais e influír neles, como responder aos cambios e ao ritmo da contorna e como respondermos ás regras e procedementos.
Segundo engade Vitae, a aplicación destes modelos e avaliacións ten probado ser unha ferramenta crítica para o éxito de profesionais, novos profesionais e emprendedores, empresas e centros educativos de todo o mundo.
A consultora tamén fai saber que DISC tamén nos axuda a comprender que existen diferentes tipos de comportamento e que todos eles, en determinadas circunstancias que lles son propicias particularmente, amosan elementos potenciais de gran interese para o ámbito empresarial e de equipas humanas.
Por certo que este curso inclúe novamente a opción de certificación experto e analista de conduta en DISC polo organismo oficial internacional INTERDISC, que é unha organización sen arela de lucro que vela pola axeitada aplicación da metodoloxía a nivel mundial.
Os obxectivos básicos do curso son os seguintes: aprender o uso profesional das avaliacións DISC; utilizar o sistema máis efectivo para comunicar, ensinar, liderar, orientar e motivar; romper barreiras de relación e resolver conflitos; obter a clave para tirar o máximo potencial aos estilos de comportamentos, converter aos profesionais en “mestres da comunicación interpersoal”.
O curso terá unha duración de 16 horas.
A formación está dirixida a todas aquelas persoas (profesionais de recursos humanos, adestradores, psicólogos, profesores, formadores, consultores, comerciais, etc) que desexen mellorar as súas habilidades nos ámbitos da selección, a avaliación, o liderado e a comunicación, aplicando unha ferramenta efectiva de diagnóstico.
A profesional encargada de impartir os contidos será Ángeles Gris, experta en formación en metodoloxías DISC e ferramentas de diagnóstico. Ángeles é máster en adestramento no Instituto HUNE da Universidade de Alcalá e certificada como analista conductual DISC polo Instituto Internacional do DISC dende 2009.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?