Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG organiza en novembro o Curso de Peritaxe Informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG organiza en novembro o Curso de Peritaxe Informática

Redacción
Publicado: 07/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

seguridade-9.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, o CPEIG, organiza este mes de novembro en Compostela unha actividade formativa sobre as metodoloxías máis avanzadas e eficaces para previr un incidente TIC e para responder ante el da maneira máis axeitada: que coñecementos teóricos e prácticos atesourar, que medidas tomar, que pescudas seguir, como avaliar pegadas e datos en aparellos informáticos, etc. O Curso de Peritaxe Informática do CPEIG, inserido no seu plan de formación para o ano 2017, artéllase en dous módulos.
O primeiro deles (dez horas de duración, os días 3 e 4 de novembro) está enfocado a aquelas persoas que desexen formarse en peritaxe informática ou que queiran reciclar e ampliar os seus coñecementos. Tocaranse cuestións (entre outras moitas) como a xestión dun incidente, a adquisición e clonado de evidencias, o rexistro de Windows, as ferramentas de procura activa, as características do malware actual, a análise da memoria RAM ou as metodoloxías para achar intrusións e ataques laterais.
O segundo módulo (17 e 18 de novembro) está centrado en peritaxe de dispositivos móbiles, un eido de actividade que, en palabras do CPEIG, está hoxe en día moi demandado nos procesos xudiciais. Abordaranse cuestións como a natureza dos diferentes sistemas operativos móbiles, as fontes de adquisición de datos, as copias de seguridade, as aplicacións ou as principais metodoloxías de análise.
Respecto dos relatores, para o primeiro módulo contarase coa presenza de Pedro Sánchez, profesional con ampla experiencia en consultoría especializada (en importantes empresas como Computer Forensics, Honeynets), en detección de intrusións, en redes trampa e no en pen-testing. Tamén ten traballado implantando normas ISO 27001, CMMI (nivel 5), PCI-DSS e diversas metodoloxías de seguridade especialmente no sector bancario durante mais de dez anos. Igualmente, colabora cos organizacións comerciais, con corpos de seguridade, con empresas do sector e con axencias gobernamentais en materia de resposta ante incidentes, seguridade, peritaxe e análise forense informática. Ademais, segundo lembra o CPEIG, ten participado nas xornadas LookShields organizadas polo Ministerio de Defensa e obtido a certificación Nato Secret, impartindo tamén conferencias en NATO Cooperative Cyber Defence Centre of Excellence Tallinn, en Estonia. Actualmente é o responsable do equipo de resposta ante incidentes (IR) de Deloitte.
O outro relator será Lorenzo Martínez, enxeñeiro informático de profesión con gran experiencia no eido da seguridade TIC e responsable, entre outras cousas, de iniciativas como Securízame. Prestixioso comunicador en congresos de seguridade informático, de alcance estatal e internacional, tamén contribuíu á posta en marcha de espazos de comunicación como Security By Default. Lorenzo Martínez pertence a ANCITE (Asociación Nacional de Ciberseguridade e Pericia Tecnolóxica), ademais de dispor de recoñecidas certificacións CISA e CISSP (ata o 13 de Marzo de 2015). O relator atesoura unha ampla experiencia de traballo nunha chea de integradores, e ten coñecemento dos erros de seguridade informática máis comúns e recorrentes (polo regular debidos a unha falta de coordinación entre os departamentos técnico e comercial). Esta bagaxe serviulle para apostar hoxe en día por “unha visión diferente na seguridade”, alicerzada nunha relación de confianza, sinceridade e transparencia entre provedor e cliente.
O curso ten unha duración de 20 horas e impartirase en Santiago os días 3, 4, 17 e 18 de novembro de 2017 en horario de 16:30 – 20:30 (os venres) e de 9:30 – 13:30 (os sábados). Haberá prazas para 20 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?