Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fabricación dixital, a creatividade e a innovación, eixes da Pont-Up Store 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fabricación dixital, a creatividade e a innovación, eixes da Pont-Up Store 2017

Redacción
Publicado: 08/09/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_pont_up_store2.jpgO evento Pont-Up Store 2017 vai ser o referente galego e estatal do emprendemento innovador este mes de setembro. Por que motivo? Pois para comezar, porque máis de corenta empresas amosarán os seus produtos e servizos (sobre todo no recinto da Praza de España) e, tamén, porque o programa vai incluír preto de 40 actividades, entre obradoiros, seminarios, coloquios e encontros. A maiores, no roteiro participarán arredor dun cento de especialistas en emprendemento. A nivel de cobertura urbana, sinalar que estas actividades desenvolveranse nunha ducia de emprazamentos da cidade. Amais da devandita Praza de España, as salas de exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola Superior de Conservación de Bens Culturais acollerán presentacións de propostas empresariais innovadoras. Máis polo miúdo, nestas salas celebrarase (a partir do día 19) un fablab con diferentes obradoiros e coloquios sobre fabricación dixital e creatividade.
A cuarta edición da Pont-Up Store 2017 celébrase entre o 21 e o 23 de setembro e vén novamente da man do Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) no marco do proxecto e especialización CREA S2i. Amais, cóntase coa colaboración de tres ducias de empresas e institucións, co Concello como patrocinador principal.
O programa definitivo do evento foi presentado este 7 de setembro polo seu director, Pedro Figueroa, acompañado polo vicerreitor do Campus, Juan Manuel Corbacho; a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, e o deputado provincial de Economía, Carlos López Font. Corbacho e Figueroa salientaron o poder de convocatoria da feira e o seu carácter multidisplinar. De feito, destacaron, “ten capacidade para xuntar empresas de múltiples sectores, desde a moda, a alimentación ou ecoloxía, ata o deseño gráfico, a educación e as novas tecnoloxías da información, outorgando ademais un “papel moi importante á economía social”, como salientou o director dun evento que reúne a emprendedores de toda Galicia e no que “máis do 33% dos proxectos proceden das vilas e do rural”.
Como dixemos, Pont-Up Store terá como núcleo o recinto da Praza de España no que, os días 22 e 23, as 41 empresas con menos de tres anos e medio de traxectoria seleccionadas de entre máis de 120 candidaturas, amosarán á cidadanía os seus produtos e servizos. Farano nos 36 stands cos que contará este recinto e a través de diferentes actividades de dinamización, que abranguen propostas como a arte floral, o álbum ilustrado ou a cata de cervexas, así como no Puntazo Express, evento no que dez emprendedores presentarán o seu proxecto empresarial a perante directivos de compañías galegas referenciais.
uvigo_pont_up_store-3.jpgA carpa verase complementada cun recanto de foodtrucks, tanto de emprendedores seleccionados como da PonteVan, promovida por diferentes institutos da cidade, así como pola súa prolongación nas salas de exposicións do edificio que comparten Belas Artes e Restauración. Segundo se fixo saber na presentación instalarase nas salas un fablab que arrincará a súa actividade o mércores 19 co obradoiro de creatividade e fabricación dixital Fabricando cidade, cuxos resultados exporanse o venres 22. A esta iniciativa súmanse ademais talleres de fabricación dixital e robótica, coloquios e un obradoiro para docentes e familias.
O evento quecerá motores o día 21 cunha sesión de networking sobre economía social na Casa das Campás organizada pola Unión de Cooperativas Espazocoop. Amais disto, está programado un seminario de mercadotecnia dixital, na sede de AJE Pontevedra; dous coloquios promovidos polas cámaras de comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e Santiago; un obradoiro sobre posicionamento en internet, promovido pola Deputación, e o encontro Familias Creativas, organizado por Equipo Sequoia.
O venres 23 o recinto do evento será a sede dunha sesión de networking das e os emprendedores participantes, un obradoiro sobre economía social para nenos de 6 a 10 anos, promovido pola rede Eusumo, así como de diferentes actividades de dinamización. A estas súmanse a celebración do Puntazo Express no Museo, a sesión formativa Preparado para a inversión?, que ABANCA celebra no Café Moderno, e a presentación dunha plataforma de venda de empresas que traballan con criterios sociais e éticos en Belas Artes.
Lembrar tamén que o evento Pont-Up Store foi seleccionado por diferentes colectivos para promover os seus encontros, como o que celebrará a comunidade WordPress de Pontevedra en Belas Artes, e as actividades que a Asociación Galega de Méntoring (Amces), desenvolverá o sábado no Liceo Casino. Nesa xornada de clausura, ademais, terá lugar unha nova edición da Xincana Bike, dirixida promover o traballo en equipo e a cooperación entre nenos e nenas de ata 14 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?