Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O INCIBE subministra teléfono de balde para asesorar na cuestión das TIC e os menores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O INCIBE subministra teléfono de balde para asesorar na cuestión das TIC e os menores

Redacción
Publicado: 08/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

is4k_helpline.jpgO Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) pon en marcha partir do luns 11 de setembro unha liña de asistencia telefónica 900 116 117 para resolver, en palabras da entidade dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, “as dúbidas e conflitos que decote xorden no uso de Internet e as tecnoloxías por parte de nenos, adolescentes e os seus pais”. O servizo quere ser un recurso de utilidade e asesoramento fronte a un problema crecente: o uso non axeitado das redes e dos aparellos tecnolóxicos por parte dos menores idade, unido á presenza de ameazas que tiran proveito deste emprego non supervisado nin asesorado das TIC.
Segundo informa o INCIBE, a liña de asesoramento telefónico estará atendida por un equipo multidisciplinar formado por psicólogos, expertos en seguridade das tecnoloxías e cuestións legais. As chamadas atenderanse en horario de 10:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 14:00 horas os sábados. Ademais, durante as 24 horas do día, existe a disposición dos usuarios unha dirección de correo electrónico ayuda@is4k.es ao que se poden remitir dúbidas e consultas.
O servizo será “confidencial e de balde” e fornecerá aos menores “de asistencia sobre calquera consulta relacionada co uso seguro e responsable de Internet e os seus riscos”, como poden ser os conflitos sobre privacidade e reputación, o ciberbullying, o uso indiscriminado das novas tecnoloxías (posibles adiccións), contidos e contactos inapropiados, comunidades perigosas, así como cuestións sobre protección de dispositivos, virus ou fraudes, entre outros.
Xunto a nenos e adolescentes, tamén poderán facer chamadas pais, educadores e profesionais do ámbito do menor e atopar axuda para facer fronte a calquera circunstancia que poida xurdir en relación ao uso de Internet.
Esta liña de asistencia forma parte da iniciativa Internet Segura for Kids que se puxo en marcha o pasado mes de febreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?