Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O polo tecnolóxico das Rozas xa sumou 11 millóns de euros en licitacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O polo tecnolóxico das Rozas xa sumou 11 millóns de euros en licitacións

Redacción
Publicado: 11/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

170911_industria_06x.jpgO Goberno galego achegou este 11 de setembro unha serie de novidades sobre as actuacións que se están a levar a cabo nas Rozas (Lugo) para crear alí un polo de innovación e emprendemento arredor dos vehículos aéreos non tripulados (UAV) e as tecnoloxías de control e xestión que os acompañan. As cifras e datos foron dados a coñecer polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Segundo explicaron, as licitacións abertas na fase de solucións do polo de Rozas suman xa preto de 11 millóns de euros. Nas súas palabras, o obxectivo é as tecnoloxías que abrollen deste novo centro de innovación melloren a prestación de servizos públicos.
Na cita celebrada en Santiago presentáronse cinco novas licitacións, que abrollan da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e ás que se destinan 7,2 millóns de euros. Segundo se fixo saber, estes contratos permitirán “realizar unha mellor xestión do Catastro en Galicia; identificar usos do solo; mellorar a xestión de diferentes infraestruturas; optimizar a xestión da auga e das mareas vermellas nas zonas de marisqueo; ou incrementar a seguridade da frota pesqueira”. A previsión é que no mes de outubro se sumen a estas licitacións dúas máis centradas na xestión e control forestal e a seguridade aérea, cun investimento de 6,7 millóns de euros. “Así”, sinalouse, “no primeiro semestre de 2020 estarían entregadas e aprobadas as solucións seleccionadas neste primeiro paquete de licitacións”.
Na sesión de hoxe, Conde e Mato tamén lembrar que ás devanditas cinco licitacións cómpre engadir as tres xa publicadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ligadas ao eido agrario e centradas no control automatizado e intelixente da actividade rural asociada ás axudas da política agraria común (PAC); nunha plataforma para procesar a información das parcelas agrarias galegas; e nun sistema de xestión de información xeorreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia.
Todo isto súmase un total de 11 millóns de euros en licitacións xa publicadas, o que, tal e como salientou Conde, “demostra o nivel de implicación das Administracións no campo dos avións non tripulados para uso civil”. Conde tamén recordou que no seu conxunto, o polo tecnolóxico e industrial de Rozas está a mobilizar no seu conxunto 150 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?