Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC convídanos a reflexionar da importancia de ter (ou non) competencias TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC convídanos a reflexionar da importancia de ter (ou non) competencias TIC

Redacción
Publicado: 12/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cropped-cabecera-wp-incluyet.jpgSaber ata que punto as tecnoloxías poden supor un novo factor de exclusión social, unido aos que xa existían previamente (a procedencia do rural fronte ao urbano, a nacionalidade, a etnia, o sexo, a idade, etc) é un dos grandes obxectivos das I Xornadas internacionais IncluyeT, que veñen da man do grupo de investigación Stellae da Universidade de Santiago e que se celebran esta mesma semana, os días 13 e 14 de setembro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Os encontros, en palabras da organización, servirán para debater sobre a importancia de termos competencias dixitais en todos os ámbitos formativos e o papel que estas desempeñan na inclusión social dos cidadáns.
As xornadas están dirixidas á comunidade educativa, especialmente ao profesorado, persoal investigador, familias e crianzas. Outro dos obxectivos é crear un marco para partillar experiencias sobre como dar forma á competencia dixital, o papel da familia, a escola e a contorna e a súa importancia na inclusión/exclusión social. A asistencia é aberta e de balde, previa inscrición na web. Indo ás xornadas en cuestión, dicir que botan a andar mañá (mércores 13 setembro) ás 17 horas cun relatorio de Inés Dussel (profesora do Departamento de Investigacións Educativas do CINVESTAV-IPN, México) titulado A inclusión dixital desde a escola: significados experiencias e perspectivas. De seguido realizaranse dous obradoiros encamiñados a nais, pais e profesorado, un centrado na creación de contidos e outro na seguridade na rede.
En canto á xornada do xoves 14, a sesión de tarde comezará coa presentación de experiencias docentes centradas no desenvolvemento da competencia dixital. Logo haberá unha mesa redonda coa presenza de investigadores/as da USC, Salamanca e a Autónoma de Madrid. Ás 19:45 h Jordi Adell (profesor da Universidade Jaume I de Castelló e director do Centre d”Educació i Noves Tecnologies desa cidade) encargarase de pechar o encontro coa conferencia titulada Cara a un docente dixital crítico.
Engadir que estas xornadas se atopan inseridas no marco do proxecto CDEPI (Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) dirixido polo grupo Stellae e subvencionado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?