
A dita compañía, que xa contratou a máis de 70 profesionais neste seu novo establecemento galego, contou tamén coa achega da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, quen puxo a disposición de MediaMarkt a súa bolsa de emprego.
Indo ao miolo destes profesionais, entre eles figuran catro nacionalidades diferentes e máis da metade dos empregados pertencen á área metropolitana da cidade compostelá abranguendo diversas funcións que van dende a atención e servizo ao cliente en todos os seus eidos, ata perfís de xestión de mercadoría e distribución.
Engadir que con este novo establecemento, a compañía creará 20 postos de emprego indirectos.
MediaMarkt abre este mes de setembro a súa sede de Compostela
Compartir Este Artigo

