Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo do Pobo Galego convida ao CPEIG aos seus foros de reflexión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo do Pobo Galego convida ao CPEIG aos seus foros de reflexión

Redacción
Publicado: 12/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

museo_pobo_galego_corenta_anos.jpgO Museo do Pobo Galego (MPG) está a organizar este ano un ciclo de foros para albiscarmos en clave colectiva o futuro da galeguidade. O ciclo O noso Pobo. De hoxe noutros corenta anos, actividade inserida na celebración das catro décadas de vida do MPG, pretende reflexionar sobre o tempo que vimos de deixar atrás (a que se cadra é a transformación económica, demográfica e social máis acelerada da historia de Galicia) para mostrar os vieiros que transitaremos no tempo vindeiro. Faise ademais dende diferentes ópticas, un total de catro sesións de debate e análise participativa: o xermolo do noso futuro chantado polo Estatuto dos Dezaseis (9 de maio), as perspectivas demográficas do noso pobo (29 de xuño), a nova economía do coñecemento e a ciencia (xoves 14 de setembro) e o futuro da sociedade do benestar nunha Galicia avellentada (26 de outubro).
Segundo informa o Museo, cada foro inclúe varios relatorios breves sobre as cuestións máis relevantes do tema proposto e un debate coa participación do público. A vindeira sesión (Unha nova economía para a Galicia do porvir na industria e nos servizos) celébrase esta mesma semana, o día 14. Contará coa presenza de Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Carme Pampín presidenta do Cúster das Ciencias da Vida (BIOGA), e Cesáreo González, secretario do Clúster do Turismo e presidente de FEGATUR. A sesión, que comeza ás 19.00 horas, estará moderada por Enrique Sáez Ponte, do Padroado do Museo do Pobo de Galicia.
Os porqués do ciclo
O ciclo quere fornecer de claves de futuro conmemorando e avaliando as transformacións que o noso pobo vén de deixar atrás (o porvir explicado en base ao presente e o pretérito), remontándose o espectro temático ata 1977 (cando comezou a andaina do MPG coa arela de contribuír a un novo rexurdimento da nosa cultura e do noso pobo, “en tanto que suxeito senlleiro dunha historia de seu”). A través das xeiras previstas, o propósito do Padroado é “convidar á sociedade galega a albiscar como ha ser Galicia no futuro inmediato desde a reflexión sobre os cambios habidos nas últimas catro décadas”.
No plano que nos ocupa en Código Cero, o tecnolóxico-dixital baixo unha óptica galega, o fío temático TIC virá da man do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, esta mesma semana. A entrada é libre, polo que as persoas colexiadas están convidadas a asistir e participar coas súas preguntas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?