Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña estrea unha plataforma turística integradora e participativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña estrea unha plataforma turística integradora e participativa

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

13-sep-2017_turismo__5s8.jpgMáis tecnoloxía, máis participación integral e máis colaboración cos concellos. Este podería ser o resumo de obxectivos da actual estratexia turística da Deputación de Pontevedra, que se materializa nunha plataforma de promoción “adaptada aos novos tempos” e coa arela de facer o propio co sector, contribuíndo á súa modernización. A plataforma, que foi presentada hoxe polo deputado Xosé Regueira, ten nas súas palabras o obxectivo principal de “responder aos avances do século XXI”, achegando unha canle interactiva que visualice os diferentes destinos da provincia e, sexa, a maiores, unha ferramenta de utilidade para os concellos.
Regueira lembrou na súa intervención “o importante labor de actualización e mellora da administración en materia turística e de apoio aos entes de xestión”, un labor que se manifesta en cousas como o financiamento integral da incorporación de persoal técnico ás oficinas de información turística en 53 dos concellos da provincia, cun orzamento de 700.000 € que supón, nas súas palabras, “un esforzo na creación de emprego no sector que se complementa coa liña de apoio a Museos e Centros de Interpretación ao que se destinaron 350.000 euros”.
Volvendo á plataforma en si mesma, Regueira recordou que é froito dun importante traballo de actualización para acadar un recurso que fose alén dun simple espazo en liña de promoción turística. De feito, quíxose crear en boa medida un obradoiro común de traballo. Así, ademais de fornecer de información dos distintos destinos, a plataforma “ten a singularidade de incorporar unha intranet que vai permitir contacto directo entre a área de Turismo da Deputación e o persoal dos concellos para que a colaboración sexa máis eficaz”.
Regueira, que estivo acompañado na presentación da xefa de sección, Maite Loureiro e o técnico da empresa adxudicataria do concurso, Óscar Vázquez, lembrou que a páxina web está xa operativa na Rede, baixo o dominio turismo.dacoruna.gal. Abrangue, entre outras cousas, unha parte pública orientada a fornecer información en aberto, e máis unha interna de interacción entre o persoal técnico da Deputación e os concellos. Esta parte interna, lembrou Regueira, pon en xogo “un sistema de colaboración que se inaugura por primeira vez no sector en Galiza”. A páxina tamén destaca pola facilidade de uso que mostra, pola súa vontade de achegarnos á actualidade do turismo coruñés (sección de actualidade e axenda) e por aproximarnos (tamén) a información completa dos seis xeodestinos provinciais, os bens patrimoniais, os distintos camiños ou os programas de promoción da Deputación como o de turismo escolar ou industrial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?