Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Araguaney e Atresmedia xuntan forzas a prol da formación en innovación audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Araguaney e Atresmedia xuntan forzas a prol da formación en innovación audiovisual

Redacción
Publicado: 13/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

en_la_presentacion_luis_fraga_lucio_fernandez_ghaleb_jaber_martinez_eva_vazquez_e_ignacio_capeans.jpgA Fundación Araguaney-Ponte de Culturas (con sede de operacións en Santiago) e Atresmedia van colaborar en innovación audiovisual e en formación en contidos dixitais. Así o deron a coñecer ámbalas entidades esta mañá en Compostela, logo de asinar un convenio de cooperación que ten por obxecto, nas súas palabras, “crear un marco de relación estable coa arela de impulsar, executar e coordinar o deseño e realización de cursos, conferencias, seminarios, charlas ou outras actividades”. No acto participaron o presidente da fundación galega, Ghaleb Jaber Martínez; o director de Recursos Humanos do grupo Atresmedia, Lucio Fernández; o director de Onda Cero Galicia, Ignacio Capeáns; a delegada de Antena 3 en Galicia, Eva Vázquez Lima; e o xornalista e formador Luis Fraga.
Segundo fixeron saber, o acordo ten unha duración de dous anos e o deseño dos cursos será responsabilidade de Atresmedia, quedando reservada a organización e a loxística á Fundación Araguaney-Ponte de Culturas. As actividades estarán orientadas sobre todo a innovación, tanto conceptual como técnica dos medios audiovisuais. Nun plano máis concreto, farase especial fincapé nas habilidades e nos coñecementos técnicos dos medios de comunicación actuais, incluíndo “expresamente” as novas tecnoloxías da información, os novos procesos de traballo na área audiovisual, as redes sociais, os medios dixitais ou os contidos multiplataforma.
Ghaleb Jaber Martínez explicou que esta formación ofrece aos profesionais do sector audiovisual “a posibilidade de cursar unha docencia de calidade”, actualizada e inmediata. Lucio Fernández, pola súa banda, asegurou que este acordo permitirá ofrecer en Galicia “formación de calidade”, impartida a través do proxecto Atresmedia Formación que naceu na corporación hai un ano e polo que xa se organizaron cursos en Madrid, Andalucía, Levante ou Castela A Mancha. Tamén dixo que os cursos que se van organizar en Compostela están encamiñados a persoas interesadas en mellorar as súas actitudes profesionais e desenvolver novas habilidades, “principalmente licenciados ou profesionais preocupados por actualizar os seus coñecementos”. Segundo engadiu, “son cursos prácticos presenciais indicados para mellorar a locución e as técnicas de presentación ou ensinar a facer gravacións con móbiles, sempre co acompañamento de formadores da casa ou externos elixidos pola súa recoñecida traxectoria”.
Os cursos impartiranse preferentemente na sede da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas (Hotel Araguaney de Santiago), aínda que tamén se poderán celebrar en diferentes cidades de Galicia. Terán unha duración de 15 horas (impartidos en tres días) e un máximo de 15 alumnos que recibirán un diploma acreditativo asinado por ambas as entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?