Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia engade novas cidades aos seus traballos de eAdministración en Brasil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia engade novas cidades aos seus traballos de eAdministración en Brasil

Redacción
Publicado: 13/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cariacica.jpgImatia segue a espallar os seus achados tecnolóxicos en Brasil. E de que maneira? Pois basicamente aplicando alí os recursos de Administración Electrónica que aquí, na nosa terra, foron integrados en concellos como o de Pontevedra ou o de Ourense, por citar algúns dos máis recentes. Polo que respecta a Brasil, o afianzamento de Imatia non é novo, e xa deu froitos en cidades como Valinhos, Olinda ou Campina Grande. A novidade reside na incorporación da cidade de Cariacica, emprazada no litoral e pertencente ao estado de Espírito Santo, sendo equiparable en poboación ás nosas urbes da Coruña ou Vigo. É o exemplo máis recente de localidade brasileira “adherida” aos procesos de implantación de eAdministración de Imatia. Ademais de Cariacica, está previsto que durante este ano se somen novas cidades aos estudos técnicos de Imatia dirixidos a avaliar o impacto da dixitalización pública. Por certo que Imatia dispón dunha oficina de seu en São Paulo desde 2015.
Boa parte dos traballos despregados alá pola empresa galega encamíñanse a preparar aos municipios de cara ao medre económico e demográfico experimentado nos últimos anos por boa parte das localidades, un crecemento que desencadeou novas demandas que non están a ser cubertas de abondo polas ferramentas de xestión das que dispoñen, “sobre todo no ámbito recadatorio”, lembra Imatia, explicando que “en moitos casos non existe información actualizada ou a que hai está rexistrada de forma manual, dificultando enormemente a súa procura e mantemento”. Esta situación, explica a firma galega, non permite ás administracións realizar “unha correcta xestión dos recursos, producindo desigualdades e dificultando a planificación de políticas públicas”.
Imatia participa nestas implantacións como parte do Projeto Breogam, un consorcio de empresas brasileiras e españolas especializadas en varios eidos relacionados coa modernización das administracións, fornecendo de experiencia no desenvolvemento e implantación de solucións de software para a automatización de procesos no sector público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?