Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Josué Monchán dará na SGAE de Santiago unha clase maxistral sobre guións de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Josué Monchán dará na SGAE de Santiago unha clase maxistral sobre guións de videoxogos

Redacción
Publicado: 15/09/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

guion_videoxogos.jpgA sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela vai acoller o vindeiro 29 de setembro, a partir das 16.30 horas, unha sesión divulgativa para introducirnos no miolo da construción dun videoxogo. Máis polo miúdo, no alicerce que sostén o edificio dunha aventura dixital: o seu argumento. A clase maxistral Guión de videoxogos virá da man do especialista Josué Monchán. A actividade vén da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) co apoio da Fundación SGAE, que, por certo, está na actualidade celebrando o seu 20 aniversario.
Na cita do 29 de setembro, Monchán dará conta da súa experiencia de máis dunha década traballando como escritor e deseñador narrativo, amais de familiarizar aos participantes coas metodoloxías a seguir para dar forma ao contido dunha aventura dixital. Segundo informa a SGAE, a tarifa básica da sesión será de 20 horas, pero os socios da entidade terán acceso de balde á xornada, así como os afiliados a AGAG, FAGA ou CREA. Para recibir máis información pódese enviar un correo electrónico a pblanco@fundacionsgae.org.
O relator
Segundo nos conta a SGAE, Josué Monchán é un dos guionistas de videoxogos máis recoñecidos dos panoramas estatal e internacional, remontándose a 2005 a súa experiencia neste ámbito creativo. Desenvolvendo o seu labor para Péndulo Studio, foi candidato ao premio Excellency in Storytelling dos IMGA Awards en dúas ocasións, e ao Best Narrative no Game Connection Europe. Recibiu o galardón á Mellor Narrativa polo xogo Blues and Bullets na Game Connection de San Francisco. Tamén traballa como tradutor de videoxogos (Paper Please, Shovel Knight, Deponica…) e como profesor na Universidade Complutense de Madrid, a UFB e a UNAV.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?