Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta acada melloras por 7 millóns de euros no contrato do servizo de telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta acada melloras por 7 millóns de euros no contrato do servizo de telecomunicacións

Redacción
Publicado: 18/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega-2.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de informar da prolongación do contrato dos servizos de telecomunicacións fornecidos pola operadora galega R (Grupo Euskaltel) e por Vodafone. Segundo informa a axencia que dirixe Mar Pereira, a devandita prórroga de contrato abrangue dous anos, a partir de marzo de 2018. A longo deste tempo, as compañías adxudicatarias investirán ata 7 millóns de euros en diversas optimizacións nos servizos de Internet, telefonía fixa e móbil de centros públicos dependentes da Administración autonómica.
Segundo informa AMTEGA, entre as melloras comprometidas por R (operador adxudicatario dos servizos de telefonía fixa e de Internet) figura a instalación de conexión de fibra óptica en 20 escolas infantís. Ademais, engade a axencia, migrará máis de 40 centros conectados “a unha tecnoloxía máis moderna, que permite acadar velocidades moi superiores ás actuais”.
Por outra, ao abeiro destas previsións fortalecerase a conexión de fibra do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) co Centro de Proceso de Datos (CPD) de respaldo, o que mellorará, en palabras da axencia, “a redundancia para garantir a continuidade dos servizos ante posibles incidencias no CPD”. Ademais, realizarase a migración do CPD do CIXTEC CPDI da Cidade da Cultura “sen custe adicional para Administración”. Asemade, minimizarase nun 15% o custe de altas de liñas e actualizarase o software das centraliñas de telefonía fixa da rede corporativa.
Polo que se refire á telefonía móbil, entre os compromisos da adxudicataria do servizo, a operadora Vodafone, atópase a mellora da conexión a Internet en ata 240 sedes de diferentes servizos públicos, grazas á instalación de liñas de datos 4G. Outra das optimizacións previstas é que a Administración autonómica disporá dun bono anual de 200.000 SMS masivas de balde unha vez consumidos as 420.000 mensaxes de texto anuais.
AMTEGA tamén lembra que o vixente contrato de telecomunicacións da Xunta entrou en vigor en 2015. Dende aquela, explica a axencia, foi quen de acadar un aforro de 12 millóns de euros respecto do contrato anterior e “un investimento adicional por parte dos operadores de 12 millóns de euros”. Entre as melloras contempladas está multiplicar por tres a media do largo de banda de máis de máis de 2.300 centros de servizos públicos e a ampliación a 10 GB da capacidade do acceso a Internet da rede corporativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?