Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conexiona converte o centro El Carmen de Ourense nun hospital smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conexiona converte o centro El Carmen de Ourense nun hospital smart

Redacción
Publicado: 19/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conexiona_el_carmen.jpgA empresa tecnolóxica Conexiona, con sede na Tecnópole de Ourense, presentou onte nesta cidade o seu sistema intelixente iPlace e, máis polo miúdo, a integración desta tecnoloxía no Centro Médico El Carmen, un labor de integración que, en palabras dos responsables da firma TIC, convérteo “no primeiro hospital inmótico de Galicia”. Para quen non o saiba, dicirlle que a inmótica é o conxunto de tecnoloxías aplicadas ao control e a automatización intelixente de edificios non destinados a vivendas. O obxectivo é permitir unha xestión eficiente do emprego da enerxía, amais de fornecer de meirandes cotas de seguridade, comodidade e comunidade entre o usuario e a tecnoloxía aplicada.
Segundo reflicte a Tecnópole, as obras de instalación comezaron o pasado mes de maio e veñen de culminar. O eixe arredor do que xiraron as tarefas de despregue foi a ferramenta iPlace, “unha plataforma que monitora, controla e xestiona distintos sistemas para mellorar a seguridade e confort dos pacientes á vez que optimiza os procesos para facer do centro un hospital eficiente”, explicou José Antonio Losas, director de Tecnoloxía de Conexiona. A este respecto, Carlos Sande (director de Innovación e Proxectos) engadiu que iPlace é unha solución de Industria 4.0 que salienta tamén por ser versátil e por ter a capacidade de converter en smart ámbitos ben diversos: a xestión dunha cidade, dunha explotación agrícola, dunha fábrica ou mesmo dun edificio.
Losas e Sande explicaron que o sistema manéxase “comodamente” mediante unha aplicación móbil desde un computador, móbil ou tableta. “En calquera momento e lugar, o persoal do hospital encargado da supervisión pode controlar e corrixir, se fose necesario, o funcionamento dos aparellos”, informaron, engadindo que as vantaxes que a inmótica achega ao hospital e aos seus usuarios “son sobre todo dúas”. A primeira constitúea a maior seguridade do paciente, grazas á integración e funcionamento desta tecnoloxía en todos os equipos relacionados directa ou indirectamente con el: bancos de sangue e plasma, neveiras e conxeladores de laboratorio e cociñas, temperatura e presión dos quirófanos, etc.
A segunda é a maior eficiencia, control e optimización no hospital, xa que o sistema fai seguimento das temperaturas, das luces e dos accesos de cada unha das zonas do hospital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?