
A acción formativa, dirixida preferentemente a autónomos, microempresas, PEME, empregados e emprendedores do sector comercial minorista, ten por obxecto que os participantes comprendan a importancia das novas tecnoloxías e a dixitalización no desenvolvemento actual do comercio, que tomen conciencia da envergadura da dimensión 2.0 nos negocios e como afecta aos métodos de traballo e ao potencial do mercado. Ademais, engade a Cámara de Santiago, os asistentes aprenderán como a mercadotecnia dixital pode chegar a transformar as oportunidades de negocio e comercialización grazas ao uso das habilidades dixitais.
Como dixemos, a conferencia estará impartida por Modesto Luis Gómez (Santiago, 1974), licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago, e consultor de mercadotecnia da Fundación INCYDE. Segundo o experto, “as novas tecnoloxías poden mellorar a visibilidade dunha empresa, amplificar as súas oportunidades, multiplicar o seu target, mellorar a experiencia dos seus clientes e facerlle gañar reputación”. E engade: “Hoxe en día as novas tecnoloxías son imprescindibles como elemento de economía de escala dixital”.
Modesto Luis Gómez sinala que, para alcanzar estas metas, as mellores ferramentas son as webs, blogs, redes sociais, aplicacións móbiles e elementos de deseño personalizado como os wallpapers. “Quen non as teña e non as use limita moito os seus escenarios de negocio”, explica. Porén, avanza (en referencia á acción divulgativa da semana que vén), que acadar a máxima efectividade, “o pequeno comercio debe centrarse en métodos de traballo dixitais que impliquen “cooperación competitiva”, como por exemplo o email marketing, a xestión de redes, os sistemas integrados de pagos a distancia e os websites colaborativos que se nutran do traballo participativo e colaborativo (coworking).
A Cámara de Santiago mostra os segredos dunha boa estratexia de mercadotecnia comercial en liña
Compartir Este Artigo

